O CONCELLO DE BETANZOS ÚNESE ÁS VISITAS ESTIVAIS

Por primeira vez, na historia do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no municipio de Ponteceso, no edificio municipal do Centro Cultural, recibiu no día de hoxe 21 de xullo-23 en sesión matinal, a un grupo dunha vintena de mozos, entre os 11 e os 14 anos de idade, que viñan acompañados polo coordinador da actividade José Luís Sobrino, do concello coruñés de Betanzos. Para todos eles, aínda que o coñecían polas redes sociais, o seu “bautismo” museístico pontecesano. 

Entre as actividades lúdico-culturais que ten programadas durante o verán as concellerías anteriormente ditas, promociona a través do “Campus Concello de Betanzos”, actividades paralelas de coñecementos doutras materias, non sempre van ser só deportivas, para o goce dunhas merecidas vacacións estivais de forma máis recreativa. Nesta ocasión, dentro do seu programa de visitas guiadas, atopábase seleccionada, aínda que se habían programada noutras ocasións sen éxito, a súa asistencia ao noso museo. Meu dito meu feito, este ano conseguiuse¡ 

Aínda que con grupo algo heteroxéneo, pouco dispoñible para a visita, alumnos/as de diversos centros escolares, pero en cambio cun grupo ideal, as dúas horas e cuarto consumidas, soubéronlles a pouco. O percorrido completouse pero con moitas actividades sen desenvolver, e aínda que o tentaron non foi posible bater ningún record sobre os xogos deseñados para tal ocasión. Ao chegar ao final da visita guiada nun empate, os premios da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA, adoitan conceder aos alumnas/os avantaxar en dar solucións ás preguntas efectuados polo guía-director, merecidamente os vencedores foron Xabier Pedreira e Sergio Abrodos de 12 e 13 anos de idade respectivamente. 

Como curiosidades da sesión tivemos visitas libres (pola súa conta), de turistas de varias comunidades autónomas, un político galego e familia, dous coleccionistas que ao final da visita todos asinaron no libro de visitas do museo, apuntando as excelencias deste “grande” museo do xogo e do deporte. Outra das curiosidades foi que leste mesmo grupo, o ano pasado habían visitado o Museo do vídeo-xogo, situado no municipio pontevedrés de Cangas do Morrazo, comunicando (aínda que as comparacións son odiosas) que lles entusiasmaba máis o MELGA que o do vídeo-xogo. Seguro que como lles dixo o noso director, estades máis afeitos á tecnoloxía que practican diariamente, que aos xogos e deportes tradicionais que vos resultaban máis alleos ás súas vidas cotiás. Unha xornada estival distinta e moi recreativa!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.