UN GRUPO CARBALLÉS DÁ POR FINALIZADAS AS VISITAS GUIADAS ESTE VERÁN

Onte martes en sesión extraordinaria vespertina, non habitual, contamos coa presenza dun grupo de vinte persoas, vecinos do concello de Carballo (A Coruña) para realizar unha visita guiada ao noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). A sesión durou preto de tres horas aproximadamente (17,00 h. a 20,00 h.) e iso, sendo un grupo moi heteroxéneo. Compoñíano sete adultos (un pai e seis nais) e trece nenos que ían nunha franxa dos cinco meses aos nove anos de idade. A actividade estivo coordinada e organizada por Marta Ríos, unha das nais asistentes coas súas fillas. 

O tempo dispoñible para a visita, cuestión que noutras ocasións resúltanos demasiado curta, a desta tarde foi sen abafos e sen límite de tempo. Tanto pais, nais e nenos/nenas gozaron das explicacións do guía e aplicaron os seus coñecementos coa práctica correspondente dos xogos tradicionais programados e adaptados. Unha tarde familiar e en compañía de amigos, que de maneira diferente visitaron un museo nunha xornada de verán. Atopábanse tan a gusto no recinto museístico, que case eran as oito da tarde e querían continuar, sabendo que na súa casa esperábanlles a cea correspondente. 

Podemos comentar que a este grupo que imos denominar desde momento  “Amigos e amigas do MELGA”, xa que algúns dos asistentes era a súa segunda e terceira vez que nunha semana que viñeran pola súa conta ou libre para visitarnos. Segundo comentarios, para eles, leste foi a mellor visita que presenciaran, xa que nas anteriores era case unha toma de posesión, rápida e sen orientación. Explicaba Marta ao noso director, que a proposta saíra das súas propias fillas, que “liaron” a todas as súas amigas e amigos, a desprazarse a Ponteceso para coñecer o museo, pois había algún neno/a, nai ou pai que non o coñecían. 

Un sesión excepcional para un grupo extraordinario¡ 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.