O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, a través de todos os membros do Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, agradecen a todas aquelas persoas que nos transmitiron xenerosamente, tanto de forma telefónica como a través das redes sociais, as súas felicitacións por cumprir, no día de onte 27 de setiembre, nada máis nin nada menos, o DÉCIMO ANIVERSARIO da posta en marcha do noso museo (2013-2023).
Tamén debemos comentar que desde a nosa dirección museística e fundacional, a xornada podémola cualificar como o aniversario máis frustrante, amargo, infeliz e decepcionante de todos os cumpridos con anterioridade, pois criamos que se ía a establecer un fito nun reto moi difícil de conseguir, por todos os inconvenientes sobrevindos durante diferentes etapas da nosa existencia, sempre levaron a cabo con máxima dignidade.
Alá polo mes de maio, por parte da presidencia da Fundación e director do MELGA Ricardo Pérez e Verdes, iniciou xestiónelas pertinentes coas institucións públicas e privadas, presentándolles unha SEMANA GRANDE para o mes de setiembre, con moitas actividades diarias e diferentes, para celebrar e cumprir o primeiros DEZ anos da nosa existencia, un feito histórico, que sen dúbida a ocasión así llo merecía, pois no ámbito museístico cultural non son moitas as entidades privadas como a nosa (non as públicas subvencionadas) que chegan a estas cifras.
Pasamos un dos aniversarios, pensamos e así o cremos, dentro do noso histórico, como “ un día sen pena nin gloria e no ostracismo máis inxusto” por parte de todas as institucións locais, provinciais e autonómicas. Non houbo o apoio directo, necesario e imprescindible para organizar unha gran festa de todos, cara a unha institución de referencia mundial, como é o MELGA, situado en Ponteceso, sobre a Historia do mundo do Xogo e o Deporte Tradicional e Moderno, aínda que moitos non llo crean. Para maior contrariedade, informamos que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) permaneceu pechado a todo o público en xeral no día do seu décimo aniversario.
Queremos facer extensible nosas felicitacións a todos os medios de comunicación os cales contribúen á divulgación do noso modesto labor, a que o Museo viñese realizando durante estes dez frutíferos anos. Desde o Melga queremos destacar unha vez máis todas as informacións e reportaxes escritas dedicadas á nosa entidade, moi especial á prensa escrita (La Voz de Galicia, Correo Gallego, Ideal Gallego, ao Diario Bergantiños), ás súas plataformas on-line e ás ondas radiofónicas. A todos eles, e ao resto de “Amigos do MELGA”, que nos dedicaron os seus sinceros parabéns, reiterámoslles o noso máximo agradecemento polo seguimento constante que mantiveron durante estes anos cara á nosa institución, polo seu agarimo, interese e estima que nos demostraron sempre.
Grazas inmensas a todos os amantes do Patrimonio Lúdico de Galicia e que defenden a CULTURA en todas as súas versións!
Leave A Comment