“O vindeiro sábado día 07 de outubro do presente ano 2023, con motivo da festa patronal do Sacramento, levará a cabo, por segundo ano consecutivo, o ” II Festival de Xogo e Chocolate” na parroquia de Cánduas do concello coruñés de Cabana de Bergantiños. Organizado pola Asociación Cultural Carmen e a Comisión de Festas e coa colaboración e participación da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso.
O encontro realizarase na Casa Cultural do municipio en horario vespertino de 17,00 ás 20,00 h. aproximadamente.
A asistencia será gratuíta para todos os que visiten a xornada, ademais gozarán dun excelente chocolate con churros para todos os que nos acompañen. Só é necesario ter ganas de xogar e degustar este español manxar. Animarvos! Esperámosvos a todos “
Leave A Comment