Esutdantes universitarios santiagueses da facultade de Ciencias da Educación, por quinta vez, regresan ao MELGA

Unha media centena de alumnas/os de cuarto curso de Grao de Mestras e de Pedagoxía, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, achegáronse a Ponteceso, onte xoves día 02 do presente mes de novembro, de 18,00 a 20,30 h., para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Ao mando da expedición, atopábanse o profesor da materia de “Experiencias e Recursos en Educación Social”, ademais de ser o director da “Revista Galega de Educación” e presidente da Asociación Internacional de Investigación sobre Libros de Texto e Medios Educativos (IARTEM), Jesús (SUSO) Rodríguez e as profesoras María Adelina Guisande e Silvia López da materias “O Xogo Infantil” e “Deseño e Elaboración de Materiais didácticos” e “Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos” respectivamente.

Aínda que nun principio eran máis dun centenar de alumnos santiagueses os que iamos recibir, soamente asistiron á cita anual ao MELGA 50 participantes, cinco eran da rama masculina e 45 da rama feminina, xa que debido á borrasca profunda “Ciarán”, moitos desistiron a desprazarse e case a cita estivo a piques de aprazarse para outra ocasión. Tanto para alumnos como profesoras era a súa primeira vinda ao museo, aínda que para o profesor Jesús Rodríguez era a súa quinta ocasión como coordinador e organizador da actividade curricular. Hai que comentar que a máis interesada en asistir á mesma, así non os transmitiu persoalmente, pola temática para desenvolver, era a profesora María Adelina, xa que a súa materia de ensino correspondía ao interese do seu propio coñecemento.

As visitantes despois de case dúas horas percorrendo as salas do museo, a xornada serviulles para coñecer “in situ” os xogos antigos, modernos, populares, tradicionais, a súa historia, a súa evolución, os creadores, os materiais, o espazo, o tempo, etc. para logo a posteriori formular unha unidade didáctica e un taller de confección de materiais da natureza, sobre os xogos e deportes tradicionais e modernos da Humanidade.

A maioría dos participantes comunicaron ao noso director, que se atopaban asombrados do MELGA de Ponteceso, pola cantidade de pezas existentes no mesmo, a taxonomía dos xogos, distribución dos contidos das vitrinas, pero sobre todo do enfoque exquisito que o mesmo tiña no seu aspecto pedagóxico, didáctico, educativo e interactivo. Todas os futuras educadores de infantil, do mesmo xeito que os nosos colegas docentes, saíron impresionados do recinto e dos saberes que entrañaba o propio museo no seu aspecto patrimonial lúdico, cultural e histórico.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.