Semana Santa no MELGA: A mal tempo boas visitas

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), despois dun inicio de ano-24 con moitos problemas estruturais, primeiramente por falta de persoal no mesmo, a continuación ao noso pesar, tívose que pechar temporalmente ata novo aviso as visitas por libre (só mantivéronse as visitas guiadas xa reservadas do ano anterior para grupos) e finalmente a anulación tamén das visitas guiadas (desde o día 01 de marzo ata a data) pola intervención cirúrxica do noso director, a Semana Santa aveciñábasenos como moi complicada e aínda a todo isto debemos de unir as grandes borrascas que nos deixou o temporal sobre Galicia, os agoiros eran sinceramente pesimistas.

Reunido o Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes nunha sesión extraordinaria de urxencia, levou como único punto do día, se estabamos en condicións de arriscarnos para abrir as portas do museo nesta semana Santa de 2024. Realizada a valoración, despois de analizar as estatísticas positivas de anos anteriores, a decisión tomada foi unánime por parte dos patróns asistentes. O horario establecido para Semana Santa foi: Xoves, venres e sábado en dobre xornada, matutina e vespertina, de 11,00 a 14,00 h e de 17,00 a 19,00 h e o domingo soamente en xornada matinal de 11,00 a 14,00 h.

Desde o primeiro día de inicio de visitas turísticas, foron moi exitosas e satisfactorioas sen dúbida nalgúns momentos moi sorprendentes, polas circunstancias especificadas en liñas anteriores, aínda que a participación final foi aproximadamente un 25% menos que o ano anterior de 2023, pois excedemos algo máis do centenar e medio de persoas (142 en total) que se achegaron ás instalacións museísticas da nosa localidade pontecesá.

Os visitantes procedían na súa maioría da provincia da Coruña (Coristanco (3), Laracha, (2) Ferrol, Santiago (2), Ortigüeira; Cambre (2), Oleiros, A Coruña (5), Cee (2), Carballo, Laxe e Ponteceso(2), de Pontevedra (Vigo) e de Ourense. Doutras comunidades españolas estivo representados turistas de Madrid, Pola de Lena e Oviedo (Asturias), Plasencia-Cáceres (Estremadura), Gran Canarias (Illas Canarias) e León (Castela e León). Nesta ocasión non tivemos ningún visitante doutros países.

De todos os xeitos cremos que no MELGA atopámonos moi satisfeitos por ter a oportunidade de abrir o mesmo nestas datas tan destacadas, para dar visibilidade do Museo do xogo e do deporte, que como é sabido de todos é coñecido na actualidade como un referente, do concello de Ponteceso, os seus lugares, a súa gastronomía, etc.

Sentimos enormemente agradecidos polas palabras dedicadas no noso Libro de Visitas da maioría dos visitantes: “polo acerto en seleccionar a devandita cita, por coñecernos, por viaxar ao pasado, que repetirán de novo a visita, polo divertido, pola amabilidade, polas súas pezas, pola súa banda práctica de xogos, etc.”

A curiosidade da xornada do sábado foi, que tivemos unha visita inesperada, xa que co debido permiso e autorización, unha familia viña acompañada da súa fiel mascota, un cachorro da raza Pomerania, chamado “Doce” e non desexaban desprenderse da devandita compañía durante as dúas horas de visita. Como non podía ser doutra maneira, a dirección puxo ao dispor do “invitado excepcional” algúns “cachivaches” (pelotas, obstáculos, saquitos etc.)/ etc.) para que puidese pasar unha xornada lúdica, conxuntamente con e como os seus propietarios.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.