Esta fin de semana tivemos a honra de aceptar, para o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), unha das doazóns máis especiais que tivemos dende a nosa fundación como museo. Os motivos da devandita apreciación debémola en primeiro lugar porque o museo, ata este momento, non conta con moitas achegas persoais de “deportistas femininas” de alta competición (pola contra máis masculinas), en segundo lugar pola dedicatoria, en terceiro lugar por unha clasificación olímpica e en cuarto lugar por ser entregada por unha das deportistas máis brillantes do mundo do piragüismo a nivel galego, nacional e internacional.
Trátase dunha camiseta da Selección Española para os Xogos Olímpicos de Tokio-20, portada pola admirada e laureada mundialista e olímpica canguesa TERESA PORTELA, que esta fin de semana no encoro pontevedrés de Verducido, clasificouse en K-4 500, para os seus sétimos Xogos Olímpicos consecutivos, do próximo verán en Paris-24. Como comentamos, é a española con máis edicións na maior cita deportiva do planeta e ninguén dúbida, que igualará ao marchador Jesús García Bragado, nos próximos “Los Ángeles-28”, as oito actuacións que posúe este atleta como teito.
Hai que destacar, que as xestións levadas polo expresidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, amiga da nosa deportista, obrou o milagre, para que Teresa Portela, implicásese en doar a devandita peza para a “Galería de Deportistas de Elite” que se atopan na segunda sala do MELGA. A camiseta xa se pode contemplar na exposición coa dedicatoria: “Para MELGA con moito agarimo. A vosa amiga. TERESA PORTELA”. Atópase situada á beira doutra gran atleta guardesa JULIA VAQUEIRO, que doou as súas medallas de Ouro de varios campionatos mundiais de longa distancia e cros, contando aínda na actualidade, co record de España en 5.000 m. lisos.
Seguimos pendentes doutras novas doazóns de deportistas da rama feminina, pois nestes momentos contamos coas dúas citadas, pero estamos seguros, porque así nolo comunicaron, que se comprometían a engrandecer o “Salón da Fama”, como Marta Bobo (Ximnasia); Belén Toimil (Atletismo); Sofía Toro (Vea); Irene Martínez (Halterofilia); Yulenmis Aguilar (Atletismo); Beatriz Gómez (Natación); Margarita Taboada (Natación); Ana Peleteiro (Atletismo); etc. etc. e sen dúbida, o máis importante, para todas elas, coñecer de primeira man o noso pequeno museo en Ponteceso.
Seguen a un nivel moi aceptable, as visitas por libre as fins de semana do presente mes de abril, contando con visitantes galegos e sen dúbida menos foráneos. O horario segue manténdose para os sábados, en dobre sesión (matinal-vespertina) de 11,00 a 14,00 h. e de 17,00 a 19,00 h e os domingos só matinal de 11,00 a 14,00 h. Contactar: 981.71.54.42 ó 661.29.02.46. ó e-mail: info@museomelga.com ó ricardoperezyverdes@gmail.com.
As visitas grupais darán inicio, despois do período de ausencia do noso director por problemas de saúde, de maneira regular, todolos días da semana a partir do 1 de maio, así que xa poden reservar a súa visita guiada, ata o mes de xullo, pois quedan poucas datas dispoñibles.
Leave A Comment