Este ano de 2024, pódese comentar, que os centros escolares da capital de Galicia, Santiago de Compostela, tomaron como referencia á súa “excursión” anual de final de curso, para desprazarse ao concello de Ponteceso, para asistir e coñecer e realizar a través dunha visita guiada o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
No día de hoxe luns 06 de maio-24, xornada especial, xa que é o día de descanso do persoal do museo, recibimos en sesión matinal de 11:00 a 14:00 h. ao CPR, Vilas Alborada da cidade de Santiago de Compostela. O grupo compoñíano medio centenar de alumnos de primeiro de primaria , en idades de 6 a 7 anos e viñan acompañados dos seus profesores-titores Roberto Casas y Vicky Deán que representaba ao centro e era a coordinadora da actividade extraescolar.
O centro docente, aínda que realizara diversas xestións nos últimos anos, non foi ata esta data a súa primeiro vez, recomendados por outros centros, en facernos unha visita guiada pola instalación museística pontecesá. Máis de tres horas que durou o percorrido por ambas as salas expositivas, o guía do mesmo, expuxo a todos os asistentes, os coñecementos básicos a través das explicacións necesarias sobre o mundo dos xogos e deportes tradicionais e modernos, ademais do visionado do “Cómic-Melga” e o himno da entidade “Cantamos: xogos populares” e por suposto, o desenvolvemento prácicamente, no interior do recinto, dos preto de 25 xogos tradicionais organizados para a sesión. Aínda que o tentaron con afán, non houbo ningunha marca destacable en relación a bater algún record nos xogos organizados. O grupo funcionou á perfección, moi disciplinados, sobresaíu o seu entusiasmo, a súa participación e a súa acción foi destacable e recoñecida. O non conseguir o premio individual da visita, decidiuse entregar senllos agasallos para a aula aos grupos A e B presentes.
Despois de rematada a visita, en autobús trasladáronse ao Monte Blanco (panorámica) e ao Piñeiral de Balarés (xantar) para renovar forzas e proseguir a súa viaxe de volta sobre as 16:00 h. ao seu centro escolar en Santiago de Compostela.
Unha sesión lúdica-cultural, segundo profesores e alumnos, excepcional, divertida e
“moi guay”. Esperaban, que a dirección do centro permitíselles regresar, con outras aulas diferentes, antes que finalizasen as clases deste curso lectivo. Pola nosa banda, como sempre, encantados en recibirlles.
Leave A Comment