A biblioteca do Centro Cultural do municipio de Ponteceso, o pasado mércores 08 do presente mes de maio.24, foi o lugar onde foron emprazados e convocados polo rexedor pontecesán José Manuel Mato, varios representantes dos municipios da contorna do río Anllóns (situado no territorio da Costa da Morte) para continuar os traballos iniciados en anteriores reunións, cos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños e Ponteceso. A reunión deu inicio coa presenza de José Muiño (PP) alcalde Cabana de Bergantiños, Jose Manuel López (PP) alcalde da Laracha, Juan Carlos García (PP) alcalde de Coristanco, o alcalde de Carballo Evencio Ferrero (BNG), Patricia Belo concelleira de Turismo da Laracha, Ernesto Calvo arquitecto Técnico de Ponteceso, e presidía a mesa o noso alcalde José Manuel Mato.
O motivo da sesión matinal non foi outra que, dentro do programa denominado “Fogón de Anllóns; unha marca propia coa gastronomía local en primeira liña”. Este programa pretende converterse nunha marca de calidade propia a través dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (SICTED), na que a Deputación da Coruña quere introducir o máis selecto da produción, da transformación e de restauración, amparados sobre unha cociña de mercado, aproveitar os produtos locais característicos como a pataca de Coristanco, a empanada da Laracha, o pan de Carballo, as angulas e a lamprea de Ponteceso, os berberechos de Cabana de Bergantiños, a cerámica de Buño, o encaixe de Camariñas etc., ademais da recuperación do ecosistema centrada na preservación da contorna natural, recuperación dos camiños de pescadores e a transformación dixital de todos os establecementos hostaleiros.
Unha vez finiquitada a reunión, o alcalde de Ponteceso José Manuel Mato, aproveitando que neses momentos atopábase no MELGA Ricardo Pérez e Verdes director-guía do mesmo, para unha visita guiada de medio centenar de nenos/as do centro escolar Vilas Alborada de Santiago de Compostela, aproveitou o momento para convidar a todos os seus colegas de diferentes formacións políticas para que coñecesen o noso pequeno, modesto e orixinal Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso. Hai que comentar, que a maioría dos asistentes, descoñecían ditas instalacións museísticas e soamente os alcaldes de Cabana e A Laracha visitárano acompañando aos seus veciños, facía algún tempo atrás.
Unha visita guiada inesperada e sorpresiva, aínda que curta polo motivo especificado, pero moi frutífera, divulgativa e de difusión da nosa instalación por todos os concellos da Costa da Morte. Todos eles, como comentaban, coas súas familias ou ben cos seus concidadáns, comprometéronse a emprazar ou informar ás súas respectivas concellerías departamentais, para que teñan en conta unha cita anual para coñecer este centro da cultura lúdica de tradición de Galicia e da Historia do Xogo e o Deporte a través dos tempos.
Como era de supoñer, a iniciativa de José Manuel Mato, foi amplamente agradecida pola nosa entidade, da man de Ricardo Pérez, co recoñecemento expreso de iniciar unha nova etapa de colaboración mutua entre o concello pontecesano e a Fundación RPyV.
Sen dúbida, é necesaria para engrandecer o Patrimonio Cultural, Turístico, Gastronómico e Lúdico do noso terra galega!
Leave A Comment