AS JESUITINAS DA CORUÑA VISITAN, OUTRO ANO MÁIS, O MELGA

A visita que hoxe recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, do colexio coruñés Fillas de Jesús, máis coñecidas como Jesuitinas , era a súa sétima ocasión en cumprir coa súa cita anual do centro escolar. Correspondeulle a visita, nesta xornada aos cursos de 2º C e 2º D de primaria, do ensino educativo infantil, en idades de 7 e 8 anos. En total medio centena de alumnos do colexio concertado da Coruña e que viñan acompañados dos súas profesoras/titoras Laura Villaverde e Isabel Núñez que exercía como representante do centro e coordinadora da actividade.

A relación existente do museo con este centro, vén de lonxe, xa que como pasou coa anterior visita do CEIP: Prácticas da Coruña, os alumnos do noso director, realizaron as súas prácticas docentes universitarias no propio colexio, moito antes do inicio da nosa traxectoria museística. Desde o ano 2017, non deixaron de visitarnos unha, dous e tres veces no ano con ciclos diferentes, aínda que como se pode supoñer soamente ausentáronse o ano 2020 e 2021 pola pandemia.

O grupo escolar, durante máis de tres horas percorreu as salas do MELGA, escoitando atentamente as explicacións do noso guía, ademais de realizar todos os xogos planificados para a sesión matutina. Moi competitivos e disciplinados que non deixaban de querer xogar, xogar e xogar. A visita gustáballes tanto, que solicitaron aos seus profesores “se podían quedar sen comer e alongar ata a tarde a visita”, cuestión comprometida para os mesmos, xa que non podían modificar dita acción, aínda que eles tamén comentaron que apoiaban a decisión, porque lles sabía a pouco a mesma.

Unha xornada moi importante para todos, aínda sabendo que non conseguiron ningunha marca destacable nos xogos, nin houbo vencedor da sesión, aínda que Ricardo Pérez polo bo comportamento do grupo, entregou a ambos os cursos uns agasallos algúns xogos tradicionais para os seus xogos na aula.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.