UN NOVO CENTRO ESCOLAR VISÍTANOS POR PRIMEIRA VEZ

No día de hoxe, luns 10 de xuño-24, recibimos por primeira vez un novo grupo escolar no noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso. Trátase do CEIP. Plurilingüe Sofía Casanova de Vilaboa-Culleredo da provincia da Coruña. En total desprazáronse a Ponteceso un total, entre profesorado e alumnado, duns corenta persoas e correspondían a nenos entre os 3 e os 6 anos de idade, é dicir dous ciclos diferentes, un de ensino infantil e o outro de educación primaria. Todos eles acompañados das súas profesoras titora Susana Longüeira, Clara Osende, Shakky Sanmartín e María Bermúdez que exercía de representante do centro docente e coordinadora da actividade.

A visita guiada durou aproximadamente unhas dúas horas, debido ás circunstancias do grupo heteroxéneo que nos visitaba, pero péquelos “” estiveron á altura que lles correspondía, sobre todo na parte práctica dos xogos adaptados que se tiñan preparados para a sesión. Tiveron a ocasión de escoitar as explicacións do guía e coñecer as diferentes actividades lúdicas tradicionais galegas como do mundo. A sesión das buxainas, buxainas, perinolas e perindolas foi a sección que máis lles impresionou, aínda que na práctica foron escasos os nenos que soubesen “virar” unha delas. Tamén outra das seccións predilectas foron as construcións de castelos de millo e pinzas da roupa, as de busca do tesouro e as de locomoción con carreiras, saltos e equilibrios.

Un xornada diferente nun final de curso diferente. Os profesores quedaron sorprendidos do museo, de todas as pezas exhibidas no mesmo e por suposto que volverían no verán coas súas familias.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.