ESCOLARES DO C.P.P.I. DOUS DIS DE ROIS VIAXAN A PONTECESO PARA VISITAR O MELGA

Por segunda vez o municipio coruñés de Rois-Santiago de Compostela (a primeira ocasión foi no 2017), está presente no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a través do centro scolar C.P.P.I. Dous Dis, con máis de medio centenar de nenos e nenas de entre os 6 e 7 anos, de 1 º e 2º de primaria. Viñeron acompañados polas súas titoras/ profesoras Tamara Maragiños que ejercia de representante do centro, Raquel Núñez, Isabel Seco e Celia López.

Despois dunha mañá de visita guiada, con só apenas dúas horas de aprendizaxe e entretementos, deleitáronse das informacións transmitidas polo guía, así como competiron na práctica de diferentes xogos tradicionais de Galicia e do mundo, tanto alumnos/as como profesores/as. Os premios concedidos, quedaron desertos, debido ao pouco tempo dispoñible para efectuar as preguntas que deberían conlevar ao trofeo final.

En canto ás profesoras comentaron: “Grazas por contaxiarnos coa túa vitalidade, sabedoría e alegría. Transportáchesnos á infancia . Grazas de corazón. Volveremos! xa que o percorrido foi cortísimo e un “pasar de longo” en moitos aspectos da visita, por falta de programación da nosa parte”.

As profes do CPI. Dos Dices. Tamara, Raquel, Isabel e Celia. Ponteceso, 04 xuño-24″.

Parece ser, que a nota obtida foi eloxiada por todos os visitantes, #cuestión que nos congratula e por suposto, esperámoslles noutra ocasión pero con máis tempo dispoñible.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.