O PRÓXIMO DOMINGO DÍA 09 DE XUÑO-24 CELEBRARÁSE O “XV ABERTO DE BILLA MELGA” EN PONTECESO, CO MOTIVO DO SEU X ANIVERSARIO

Estimadas/os amigos/ as:

Desexamos informarvos que o vindeiro domingo día 09 de xuño -24, celebrarase o “XV ABERTO de BILLA MELGA”, con motivo del X ANIVERSARIO del Museo Etnolúdico de Galicia y la Fundación Ricardo Pérez y Verdes, nas instalacións do campo de xogo exterior do Centro Cultural do concello de Ponteceso onde se ubica o museo.

Ao mesmo tempo desenvolverase a penúltima Xornada (XVIII) da Liga Atlántica de Billarda da Confederación Noroeste. A organización do evento correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), a Confederación Noroeste de Billarda e a colaboración do Concello de Ponteceso.

A iniciación da sesión competitiva será as 11,00 h.  y rematará aproximadamente sobre as 14,00 h. Como sempre será imprescindible inscribirse antes de comenzó do evento, levar o palán e a billa y moitas gañas de xogar e xogar. Haberá trofeos para os vencedores en cada categoría e finalmente a organización ofrecerá un “viño galego” para todos os participantes.

Sabedes que desde este momento estades todos/ as convidados/as a participar e acompañarnos nunha sesión do noso deporte ancestral.

Esperámosvos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.