POR SEGUNDO DÍA REPITE VISITA AL MELGA EL COLEGIO CORUÑES DE LAS JESUITINAS

Se onte martes día 11/06/24 foron os grupos de segundo “C” e “D” do ensino primario do colexio coruñés das Fillas de Jesús (Jesuitinas), o achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para unha visita guiada, onte mércores día 12 do presente mes de xuño-24, volveron repetir a quenda os outros dous cursos restantes de ensino infantil, os de segundo “A” e segundo “B”, media centena e sendo esta a DÉCIMA visita realizada. Os seus profesores-titores, neste caso, eran Gabriel Bas e Francisco (CHISCO) Cagiao que representaba ao centro escolar. Precisamente Chisco  fora un ex – alumno da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física do noso director-guía.

A xornada matinal iniciouse cara ás 10,00 h. da mañá e finalizou sobre as 13,00 h. da tarde. Tres longas horas de percorrido teórico-práctico dunha visita guiada polas dúas salas do museo. Debemos comentar que aínda sendo o mesmo número de participantes (preto de sesenta), mesmas idades e ademais con máis tempo dispoñible que o día anterior, a visita tivo que acurtarse sobre todo as prácticas programadas para a segunda sala, xa que o alumnado era moito máis disperso e descontinuo en atención, que os da xornada anterior.

De todos os xeitos a sesión foi completa e os alumnos e profesores responderon á perfección, coas expectativas que se propuxeron. Pasarllo ben e gozar moito e iso, segundo os seus comentarios, fixérono. Ao non contar con ningún premiado da sesión, a dirección do museo, obsequiou con senllos agasallos para cada unha das aulas correspondentes.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.