Desculpas ao CEIP María Barbeito e Cerviño

Desde a Presidencia da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a dirección do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), deséxase pedir desculpas ás familias, á ANPA e á Xunta Directiva do CEIP María Barbeito e Cerviño, pola comunicación emitida no día de onte (14/06/24) polo Departamento de Comunicación de ambas institucións, no que se valoraba negativa e arbitrariamente a conduta dos alumnos/as participantes na visita guiada ao museo, sen atender á curta idade dos mesmos, e incorrendo en comparacións impropias dun centro que se inspira no humanismo e a cultura. Ditás cualificacións son non só improcedentes senón inxustificadas, pois nas mesmas emítense opinións persoais que para nada responden ao espírito educativo e pedagóxico de ambas entidades.

Reunido de urxencia, esta mesma mañá, o Padroado de ambas institucións acordou retirar de inmediato dita comunicación da súa páxina web, así como trasladar o seu pesar polo dano moral causado ás familias cunha desculpa pública no mesmo soporte de comunicación. Ademais, manifestan o seu compromiso e firme vontade de que dita conduta non se volverá a repetir, e esperan que a loable labor levada a cabo desde hai moitos anos pola Fundación e o Museo non se vexan manchadas por tan desafortunada actuación.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.