O MELGA clausurou este sábado as visitas guiadas para este curso 2023/24 de centros escolares, cun grupo numeroso de alumnos pontevedreses

Este sábado día 22 do mes de xuño de 2024, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), recibiu nas súas instalacións do Centro Cultural, onde ten a sede o museo, nunha xornada matinal, a un grupo numeroso e heteroxéneo, de preto de noventa persoas (90), que pertencían ao centro escolar do CEIP de Corvillón de Cambados (Pontevedra).

A programación da visita guiada ao museo, con motivo da excursión de Fin de Curso 2023-24, fora programada pola Asociación de Pais e Nais do “ANPA O ESTANQUE” da devandita localidade cambadesa. Os participantes asistentes, atopábanse nenos e nenas entre os 3 anos e os 12 anos de idade, e todos eles viñan acompañados dos seus respectivos pais ou nais, irmáns e algún que outro avó ou avoa. Un grupo era moi heteroxéneo e dispar en idades. Á cabeza da expedición atopábase a súa presidenta María Barbeito que exercía de coordinadora da actividade.

A sesión museística “traíana“ programada como máximo, para unha hora e media (11:00 a 12:20 h.), pero visto o visto, despois de observar que a visita lles resultaba eminentemente moi curta, todos ao unísono, decidiron prolongala ata as 13:15 h., en total dúas horas e cuarto. Aínda que a primeira sala foi case visitada ao completo, a segunda quedou un pouco mermada, pero todos puideron practicar algúns dos xogos existentes na sala e escoitar as explicacións emitidas por parte do noso director Ricardo Pérez y Verdes, sobre as etapas da historia dos xogos e deportes a través dos tempos.

Sendo un grupo tan numeroso e ao mesmo tempo con franxas de idades diferentes, o asombroso foi que funcionou á perfección tanto na súa atención, interese e competición. Tanto nenos/as, novos, como persoas adultas, a visita transcorreu nunha orde admirable. Sen dubidalo foi un broche final á ÚLTIMA VISITA GUIADA desta tempada 2023-24 para centros escolares. A maioría dos presentes, comunicaron ao guía do museo, que este verán virían de novo coas familias e amigos para saborear outra sesión lúdica como a realizada no día de hoxe. Quedaron todos marabillados do que descubriran en Ponteceso!

A disposición do tempo limitado, segundo comunicación da presidenta, era que despois da visita guiada ao museo, aproveitando a proximidade da vila de Cerceda reservaran un xantar para todos, xa que en Ponteceso non localizaran un restaurante con capacidade para todos e ademais tentarían “chapuzarse”, aínda que o día non lles acompañaba, no Parque Acuático cercedeño. Sen dubidalo, foi unha xornada excepcional para nós, neste final de festa estudantil e de persoas maiores conxuntamente. Un “mix” perfecto nesta ocasión. Felicidades! Felices e lúdicas vacacións estivais!

Alumnos del CEIP Corvillón de Cambados contemplan los expositores del museo melga de ponteceso

Alumnos del CEIP Corvillón de Cambados escuchan a Ricardo Pérez y Verdes en museo melga de ponteceso

Alumnos del CEIP Corvillón de Cambados contemplan los expositores del museo melga de ponteceso

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.