O CONCELLO DE BETANZOS REGRESA POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO AO MELGA

Por segundo ano consecutivo, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no municipio de Ponteceso, no edificio municipal do Centro Cultural, recibiu no día de hoxe 31 de xullo-24 en sesión matinal, a un grupo dunha vintena de mozos, entre os 11 e os 14 anos de idade, que viñan acompañados polo coordinador da actividade José Luís Sobrino, do concello coruñés de Betanzos. Para todos eles, aínda que o coñecían polas redes sociais, foi o seu segundo “bautismo” museístico pontecesano.

Entre as actividades lúdico-culturais que ten programadas durante o verán as concellerías respectivas, promociona a través do “Campus Concello de Betanzos”,  actividades paralelas de coñecementos doutras materias, xa que non van ser só unicamente deportivas. Nesta ocasión, dentro do seu programa de visitas guiadas, atopábase seleccionada como o ano anterior esta sesión lúdica, é dicir, repetían. Tamén hai que resaltar que, é o primeiro campamento urbano deste ano 2024 que nos visita.

Aínda que cun grupo heteroxéneo, con alumnos/as de diversos centros escolares, gozaron das tres horas e media, aínda que lles soubo a pouco. O percorrido completouse, aínda que algunhas actividades sen desenvolver e aínda que o tentaron, non foi posible bater ningún record sobre os xogos deseñados para tal ocasión, aínda que se achegaron ao de castelos de mazorcas (record 50 pisos), logrando un merecido 36 pisos estables.

Finalizado o percorrido polo museo, xogando moitísimo e cun tempo excelente, a continuación para repoñer forzas, todos os asistentes sacaron as súas viandas das mochilas e no campo de xogos de herba do Centro Cultural, repuxeron forzas cun xantar campestre. Unha xornada estival distinta e moi recreativa!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.