Outra experiencia positiva no MELGA: Visita guiada de dous grupos de campamentos urbanos coruñeses

O mércores pasado, último día do mes de xullo-24, en xornada matinal de 10,30 a 14,00 h. recibimos a dous grupos de nenos e nenas coruñeses acompañados dos seus respectivos coordinadores e monitores de dous campamentos urbanos deportivos. Esta actividade no museo é pioneira dentro das visitas guiadas o MELGA. Foi unha coincidencia que dous grupos reservasen o mesmo día para efectuar a devandita xornada estival museística, ademais reunían as condicións óptimas para levar a cabo dita actividade, pois entre os dous grupos non superaban o medio centenar de visitantes, ademais eran idades moi parellas entre uns e outros. Todos se atopaban na franxa dos 3 aos 14 anos de idade.

Os campistas pertencían a dúas localidades diferentes, un grupo era o Campus do Concello de Betanzos ao mando viña o seu coordinador Jose Luís Sobrino e o outro era o Campus Deportivo Furancho de Vimianzo acompañados dos seus monitores Luís Miguel Antelo e Victoria Fernández.

A duración da sesión chegou ás tres horas e media e hai que destacar que ninguén protestou polo tempo dispoñible empregado, xa que foi todo o contrario, pois ninguén se acordou de realizar o tentempié ou descanso que temos disposto no museo na visitas guiadas (entre unha sala e outra) abrigo con nenos de pouca idade e con iso coller forzas e ánimos para levar á totalidade do tempo dispoñible, co mesmo pracer do inicio da mesma.

Foi unha experiencia moi gratificante, xa que houbo unha fusión entre os nenos e nenas de ambos os grupos e non só iso, pois a competición subiu de ton nalgúns xogos programados para tentar lograr algunha marca destacada en varios deles. Ademais da competición por campus, tamén xurdiu a actividade mixta ou combinación por parellas ou tríos coa combinación dos compoñentes de ambos os campamentos urbanos.

Sen dúbida unha xornada moi especial e extraordinaria. Sabemos por experiencia, que algúns centros son remisos a esta modalidade inclusiva, pero cremos que sería necesaria para todos por alcanzar máxima confraternidade, solidariedade, interculturalidad, amizade e compañeirismo entre centros escolares diversos e nunhas idades en formación da personalidade dos individuos, nesta sociedade tan individualista. Pola nosa banda, moi agradecidos e animados a seguir buscando novas experiencias e poder aplicalas no noso labor didáctico, pedagóxica e educativa no MELGA en Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.