Este próximo venres día 23 de agosto de 2024, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, foi convidada pola Asociación Soto-IAR do barrio coruñés do Castrillón, para colaborar, como os últimos anos, na SÉPTIMA edición do Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos.
O magno acontecemento desenvolverase nas instalacións ao aire libre da Praza de Pablo Iglesias, no Castrillón, a partir das 18:00 h. ata as 21:00 h. Comunícase a todos os posibles asistentes que, no caso de que o tempo non sexa favorable (posiblemente teñamos choiva), a xornada manterase, pero neste caso, trasladarase a sesión lúdica ás instalacións cubertas do Centro Cívico-Cultural do barrio coruñés, sito na mesma praza devandita.
Como todos os anos, esperamos que a participación cidadá sexa numerosa, pois se pode comentar que, sempre foi unha das actividades máis atractivas da extensa programación existente durante a fin de semana.
Todas aquelas persoas que desexen participar de forma gratuíta na devandita actividade, quedan desde este momento invitados e ao mesmo tempo a organización agradece a asistencia ben como participante activo ou como espectador. Esperámosvos a todos para que gocedes dunha tarde moi recreativa cos xogos máis representativos do noso patrimonio lúdico e inmaterial de Galicia. Saide a xogar!
Leave A Comment