Teatro no MELGA

PREVISIÓN INFORMATIVA

O vindeiro sábado, 14 de setembro, ás 20:00 h., no Centro Cultural do Concello de Ponteceso, o grupo teatral DITIRAMBO TEATRO CORUÑA presentará a súa última obra “Cartas da muller ausente”, escrita e dirixida por Lola Roel e cuxo texto foi galardoado co Accésit do VI Certame de Textos Teatrais Parábasis, convocado pola Escola Superior de Arte Dramática de Estremadura.

Esta actuación enmárcase dentro dos actos conmemorativos realizados pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) con motivo do seu X ANIVERSARIO.

A entrada será libre e gratuíta. Dado que o aforo é limitado e as entradas están sen numerar, recoméndase puntualidade.

  • ACTO: Actuación do grupo Ditirambo Teatro Coruña
  • DATA: Sábado, 14 de setembro.
  • HORA: 20:00 h.
  • LUGAR: Biblioteca Municipal do Centro Cultural de Ponteceso

ENTRADA DE BALDE

Cartel ditrambo museo melga

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.