Esta fin de semana, visitando unha casa de antigüidades da nosa cidade coruñesa, topámonos, entre os numerosos “cachivaches” existentes na tenda, cunha marioneta de principios do século pasado, posiblemente catalogada entre os anos 1920-30.
A adquisición corresponde a unha Marioneta Tunisiana duns 50 centímetros de altura e un peso de 400 gramos aproximadamente, de madeira, tea, hojalata e pintada a man. É das denominadas de técnica colgada (moi raras no mercado fabricante de xoguetes) e non de baleas ou fíos como estamos afeitos velas comunmente. Proveñen estas marionetas de Sicilia, denominadas “pupi ou pope”, que son guerreiros acoirazados, con escudo e daga. A cabeza (ou máscara) está pintada ao óleo cunha expresión de carácter entre cómico/demoníaco e as pernas recubertas con “glebas” (espinilleras), completamente articulada na cabeza, brazos, cadeiras e xeonllos. Aparecen por primeira vez estas marionetas de baleas, colgadas, arame, etc…na Idade Media, cara ao período da década do ano 1530 da nosa época.
En inglés chámanse “puppet”, en francés antigo “poupette, marionette ou poupée”, en alemán “puppe”, en belga “tchantches”, en hindú “putul ou pava”, en xaponés “ningyo”, en eslavo ”kukol e lalka”, italiano “pupi”, en portugués “monicreque ou marioneta” do mesmo xeito que en español. A palabra significa “boneca/o ó neno/a”.
Cremos que é unha peza moi peculiar e inusual no mercado do xoguete, por iso a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, insistiu na súa consecución, dentro das súas posibilidades económicas, ir adquirindo obxectos de certo relevo, para engrandecer os nosos fondos da colección, con estas “alfaias” e logo expoñelas no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), proporcionando aos nosos visitantes a súa visión “in person”, así como a súa orixinal historia dentro das artes escénicas, como divertimento para todas as idades.
Seguimos facendo día a día, que o MELGA sexa un modelo a emular, na súa constante recuperación e divulgación do Patrimonio Lúdico e Inmaterial da Humanidade!
Leave A Comment