Hoxe recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a un grupo docente, por segunda vez consecutiva, procedentes do famoso barrio coruñés de Monte Alto, o CIFP Ánxel Casal. Os compoñentes do mesmo eran alumnos de terceiro e último curso dos seus estudos de Formación Profesional do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turístico, con idades comprendidas entre os 19 aos 22 anos de idade. Todos eles viñan acompañados das súas profesoras UXÍA SOTO, CHEMA SÁNCHEZ e EMMA TEIXEIRA que exercía o cargo de responsable da actividade e do centro escolar.
A xornada matinal deu comezo ás 10:30h. e finalizou aproximadamente ás 13:30 h. As tres horas de percorrido polas salas expositivas do museo, desenvolvéronas amplamente, ao ser un grupo reducido tanto teórica como practicamente o alí planificado para a visita guiada. Tanto profesoras como alumnos/as do centro docente estaban “alucinados”, primeiramente polo magnífico museo e en segundo lugar polo que aprenderan na sesión expositiva do noso guía, para a súa futura profesión. Comentaban ao final da sesión que fora un acerto e que as profesoras lles habían regalado unha excursión extraordinaria. Non pararon de xogar, preguntar e competir. Aínda que o tentaron, non obtiveron ningunha marca destacable, pois eles o que pretendían non era a práctica dos xogos senón o coñecemento dos mesmos para a súa futura trasmisión docente.
O grupo compoñíano máis dunha vintena (24) de alumnos/as, das cales 19 eran alumnas e un só 5 alumnos. Entre as alumnas atopábase unha futura monitora do Perú, que admirou e observou detidamente os xogos e deportes de seu país. Un gran ambiente e interese na visita guiada, pois todos sen excepción, non deixaron os seus bolígrafos, cadernos, tablets, e os seus móbiles para plasmar imaxes, de todo o que alí se lles informaba.
Leave A Comment