Comunicamos a todas aquelas persoas que desexen visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado no Centro Cultural do concello de Ponteceso, que esta fin de semana, terán a oportunidade de engadir un día máis ao mesmo, co venres día 1 de novembro (festivo), con motivo da conmemoración da festividade de Todos os Santos e Día dos Defuntos. Tres días ABERTOS terán uns horarios matinais de 11:00 a 14:00 h. (venres, sábado e domingo) e vespertinos de 17:00 a 19:00 h (venres e sábado).
Esperamos que este inicio do mes de novembro, sexa tan importante en visitas libres e guiadas como o recentemente finiquitado mes de outubro, xa que as asistencias de visitantes en fins de semana, sorprendentemente, continúan a un bo ritmo, sabendo que estes dous meses, polo xeral é un “impasse”, despois do período estival. Nos catro fins de semana abertos, nas visitas libres habemos superado o centenar de persoas (118), que se achegaron a Ponteceso para coñecer o noso museo, como é normal por estas datas, a maioría foron de Galicia (A Coruña, Santa Comba, Carballo, Lugo, Pontedeume, Fene, Pontevedra, Portosín, Santiago, Vimianzo, Verín, Brión e Ponteceso). Doutras comunidades españolas recibimos a cidadáns de Asturias (Xixón) e de Cataluña (Barcelona) e finalmente, unha familia da cidade de York (Inglaterra). En visitas guiadas contamos con dous centros docentes o Ceip. Plurilingüe Ponche de Xuvia-Narón (Ferrol) e o CIFP. Ánxel Casal – Monte Alto (A Coruña).
Seguimos a un nivel ascendente, xa que despois do verán sempre adoita haber unha baixada importante de visitas, por moitas circunstancias, final de verán, inicio do curso escolar, aínda sen programación anual das actividades dos centros, etc. pois tivemos en total unhas duascentas persoas visitantes no mes de outubro, que para o noso museo é unha noticia inmensamente extraordinaria.
Podemos comentar que nestes momentos xa dispoñemos de reservas de grupos escolares, empresariais, asociacións etc.. para os meses de abril, maio e xuño do próximo ano 2025. Segundo os solicitantes “facíano con tanta antelación, para “amarrar” a cita antes que outros centros, porque eses meses de final de curso son os máis apetecibles para todos”
Leave A Comment