A Asociación Lugo Patrimonio visita por primeira vez o MELGA

Hoxe tivemos de satisfacción de recibir, por primeira vez, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), preto dunha trintena de compoñentes da Asociación Lugo Patrimonio da capital lucense.

A asociación foi fundada en maio do 2006 (case 20 anos) cuxo ámbito provincial está centrado no Patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo, aínda que tocan tamén outros puntos da xeografía galega. Son actividades son moi variadas e frecuentas as excursións e visitas culturas, museos e lugares de gran interese. Son membros ou foron asociados e directivos da mesma o escritor Lois Dieguez (presidente), , Teresa Cabelo da Torre profesora; a arquitecta Celia Fojar, Xosé Becerra filólogo Galego portugués, e moitos máis. Nesta ocasión viñan acompañados do seu novo presidente o historiador Adolfo de Abel Vilela e de Branca Rodríguez Pazos (vicepresidenta) organizadora e coordinadora da actividade.

Como se pode comprobar, o grupo formábano persoas dun alto nivel cultural e intelectual e moi interesados no que pretendían visitar. A xornada matinal deu inicio ás 12:00 h. xa que procedían do próximo municipio de Vimianzo, aproveitando o seu percorrido pola zona ata chegar a Ponteceso para visitarnos.

Despois de visitar a exposición exterior de “Os murais de azulexos de xogos e deportes tradicionais galegos”, doados á Fundación Ricardo Pérez y Verdes polo presidente Gonzalo Rodríguez da Fundación “LAR” de Cée e observar os vídeos “Cantamos: xogos populares” himno do museo e o “Cómic MELGA” iniciouse o percorrido polas salas expositivas do MELGA. A duración da visita guiada tería aproximadamente unhas dúas horas, xa que pola tarde, despois do xantar desexaban realizar algunha actividade máis antes do seu regreso á súa cidade de destino Lugo.

A visita foi en grao sumo frutífera e satisfactoria, aínda que curta, pero o intercambio de coñecementos e a profundidade das cuestións expostas durante a sesión lúdica, teórico-práctica, pódese cualificar de extraordinaria. Neste mes esta é a segunda desta categoría, a primeira foi a semana pasada co Instituto Estudos Bergantiñáns de Carballo. Segundo comenta Ricardo Pérez e Verdes, director-guía do museo, os presentes achegáronlle algúns detalles sobre os xogos, entretementos e nomes dalgúns deles da provincia lucense, para o seu estudo lexicográfico lúdico que se atopa realizando.

Unha xornada eminentemente cultural, filolóxica, antropolóxica, histórica, etnográfica… de saberes do mundo lúdico no seu aspecto material e inmaterial do noso Patrimonio de Galicia.

Ricardo Pérez y Verdes explica á expedición da Asociación Lugo Patrimonio o funcionamento dun xogo ante a súa atenta mirada

Ricardo Pérez y Verdes explica o xogo tradicional galego nunha das salas do MELGA, mentres os integrantes da Asociación Lugo Patrimonio seguen con atención as súas palabras.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.