A Fundación Ricardo Pérez y Verdes adquire para os seus fondos museísticos unha nova peza de colección para o Melga de Ponteceso

A través do Director Técnico do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) Xabier Pérez, que foi quen localizou, hai escasos días esta “xoia de museo”, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, púxose en contacto de inmediato cos propietarios da devandita peza, chegando a un acordo e adquirindo a mesma.

 

O tesouro en concreto trátase dun futbolin dos anos 40, localizado en Buxibán, un lugar da parroquia de Codesido no concello lucense de Villalba na comarca de Terra Cha, con apenas 42 habitantes. Atopábase abandonado nun alpendre, desde facía anos, despois de que os primeiros donos abandonasen a súa profesión de comerciantes de ultramarinos e un bar da súa propiedade. O marabilloso futbolín, pois ten a friorenta “mocidade” de preto de 80 anos (78 en concreto), como é lóxico, necesita restauración dalgunhas dos seus partes, aínda que de todas as maneiras, atópase en condicións óptimas.

El inventor del futbolín

 

Todos sabemos que o finisterrán Alexandre Campos Ramirez, máis coñecido polo pseudónimo de Alejandro Finisterre foi o inventor do futbolín, versión española do fútbol de mesa no noso país, patentándoo en Barcelona no ano 1937. Pois hoxe, con esta adquisición, o MELGA conta cun dos primeiros futbolines de madeira fabricados en España, con campo curvado descendente cara ao centro, xogadores con pernas e brazos abertos e situación no campo 1, 3 ,3 e 4, (do mesmo xeito que o que aparece na imaxe Alejandro Finisterre) e que moi pronto os galegos poderán admirar no noso museo pontecesán, despois de realizarlle, como comentamos, un minucioso lavado de fronte, pero por suposto, respectando a orixinalidade da peza.

 

Hoxe a nosa Fundación e sobre todo o MELGA estamos orgullosos e moi satisfeitos pola adquisición e investimento realizada e seguiremos tendo presente o lema de contar con “un museo vivo e en constante evolución”, como se adoita dicir : “para mostra este botón”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.