A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) neste último sábado día 25 do presente mes de maio-24, abriu un novo capítulo no que as actividades sobre os xogos e deportes tradicionais estábamos afeitos hasta a data.
Polo xeral, as actividades realizadas polas nosas entidades, sempre van unidos na súa maioría aos centros escolares, centros de Día, agrupacións, concellos, empresas, asociacións, federacións, particulares etc., pero nesta ocasión os xogos e deportes tradicionais, saíron da súa localización en Ponteceso, para organizar un “Festival Lúdico Recreativo”, en las instalacións cubertas (Salón de Actos) de CARITAS de la Parroquia da Nosa Señora do Carmen, situada no barrio coruñés dos Castros.
A solicitude escrita que chegou a nosa Fundación e ao MELGA hai algún tempo, viña asinada polo cura-párroco católico don Fernando Isorna, membro da Diocese de Santiago de Compostela e cuxa parroquia leva uns anos dirixindo. O seu motivo principal era que todos os nenos e nenas dol barrio, rematada a súa formación de Catequese e Confirmación, como broche Final do Curso, unha das moitas e diversas actividades programadas, una dela deberían ser os xogos e deportes de tradición galega. Superaron con creces os 60 rapaces e os 50 acompañantes.
A afluencia a sesión foi masiva, podese decir que nos desbordou por momentos, xa que todos os nenoss (entre os 6 e os 14 anos de idade), os seus familiares e amiguiños, tuveron a oportunidade de executar coas prácticas de ditos xogos descoñecidos para eles. En total foron máis dun centenar de persoas que gozaron dunha sesión vespertina de máis de de dúas horas, competindo festivamente dos nosos xogos ancestrais de Galicia.
Ademais das persoas galegas locais do barrio, hai que resaltar que a maioría dos asistentes pertencían as grandes colonias que existen na zona de migrantes de Venezuela e Colombia. Por suposto, tamén houbo permuta de xogos típicos venezolanos e colombianos. Un intercambio multicultural de primeira orde.
Sen dubidalo, foi unha xornada inmensamente social, na cal todos os participantes saíron moi satisfeitos e encantados de dita actividade organizada. Temos que destacar, a excelente colaboración e axuda na que todos os voluntarios catequistas da parroquia, que estiveron como apoio a Ricardo Pérez y Verdes, promotor da organización do evento. A seguinte actuación, así se comprometeron, será coñecer el MELGA e la marabillosa vila de Ponteceso.
Leave A Comment