A FUNDACIÓN RPyV EO MELGA PARTICIPANTES NO VI CONGRESO GALEGO DE XESTIÓN DEPORTIVA E NA ASEMBLEA XERAL DE AGAXEDE

O presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), como membro de número da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), que preside Eduardo Blanco e que se atopa no marco do XXV aniversario da devandita entidade, asistiu este sábado día 17 de xuño-23 en Santiago de Compostela, en xornada de mañá e tarde, primeiramente ao Congreso Galego de Xestión Deportiva e en segundo lugar á Asemblea Xeral Ordinaria de Agaxede. 

Devanditos actos realizáronse no Salón de Actos da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) na capital da Comunidade Autónoma de Galicia. A cita contou con centenar de rexistrados, sendo un gran éxito de participación e organización. Devandito evento contou ademais, de Agaxede entidade organizadora, coa Secretaría Xeral para o Deporte, A Fundación Deporte Novo e o Comité Olímpico Español. 

Nesta ocasión o centenar de persoas que fixeron presenza no Congreso, eran estudantes, directivos, deportistas, presidentes, xestores, etc. xa que como punto central desta edición foi a xestión de entidades deportivas. Os conferenciantes foron Francisco Cacharro (coordinador xeral de administración municipal do Concello de Ourense), José María Cabrera, director de Fondos de Próxima Xeración do Ministerio de Turismo, Industria e Comercio de Canarias), Manel Valcarce (director xeral da Consultora Deportiva Vallo Investment e Alfonso Sanz (catedrático de Dereito financeiro e Tributario da Universidade de Cádiz). Tamén houbo unha mesa redonda con tres representantes de clubs galegos: Pontevedra Club de Fútbol (Presidenta  Lupe Murillo) o Club Fluvial de Lugo (presidente Modesto Teijeiro) e o BKC de boxeo (presidente Luciano Planas), moderados polo xerente dela Fundación Deporte Gallego Iván Caravel. 

Ao termo do Congreso tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Agaxede, na que se aprobaron as contas anuais-2022, aumento de cotas, distincións de honra e o calendario de actividades do ano 2024. 

O noso presidente e director Ricardo Pérez e Verdes, asistiu como oínte en todas as conferencias, xa que os temas para tratar no congreso eran eminentemente necesarias para mellorar e actualizarse nestes temas que se debateron, como son as estruturas organizativas do deporte tales como as federacións, as fundacións, os museos, os clubs deportivos, et. Todas elas hoxe en día integran o denominado terceiro sector do deporte. Este sector sen ánimo de lucro, necesita un alto no camiño cara a unha análise e reflexión sobre o seu presente e futuro. É por iso que o contido desta edición, foi sobre “O problemas e retos das entidades deportivas”. Temas tan importantes como as ferramentas dixitais para mellorar a xestión da comunicación, as contratacións públicas, as subvencións públicas ou privadas e as obrigacións fiscais das nosas entidades. 

Un gran éxito pola proposición temática realizada por AGAXEDE neste aniversario e de máxima actualidade. Parabén!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.