A rebosar o Melga con máis de 200 visitantes na xornada matinal

Hoxe foi un deses días memorables para calquera museo que se prece. Foi tal o número de visitantes que hoxe venres 09 de agosto, que recibimos, que tivemos que poñer o cartel de “non hai localidades”.

Por unha banda visitounos o grupo de mais de oitenta persoas, da concellería de Cultura do Concello de Curtis- Teixeiro (A Coruña), que viñan por primeira vez ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), e que desexaban realizar unha visita guiada ao recinto museístico. Os compoñentes da colectividade atopábanse nenos e nenas entre os 4 aos 12 anos, tres deles eran NEE (Necesidades Educativas Especiais), adultos e monitores. Os seus monitores foron: Beatriz Tato (coordinadora),Laura Astray, Santiago López, Alba Vázquez, Candela Novo, Jenny Souto, Bea Tato, Laura Míguez, Beira Sánchez, Natalia Sánchez, Jessica Vázquez, Nerea Vázquez e Iago Ascariz. Os campións nesta ocasión da xornada foron os nenos Lucas Espido de 12 anos e Rubén Gómez de 7 anos que levaron os seus agasallos correspondentes.

 

A rebosar el Melga con más de 200 visitantes en la jornada matinal

Hai que destacar que acompañaban ao grupo durante toda a visita guiada a concelleira de Cultura Eva Latexe Naveira que, segundo as súas palabras, gozou como o que máis e participou de todas as actividades, quedándose sorprendida do museo pontecesano. Reiterou en varias ocasións que a visita se volvería a repetir pero con estratos sociais curtiense e teijerano.

Ademais deste grupo numeroso, parece que se puxeron de acordo moitos turistas para achegarse coas súas familias ao MELGA, que por momentos tivemos que habitar algunhas zonas de espera para poder entrar no recinto ou outras abandonaron o empeño e comentáronnos que volverían pero nunha visita guiada, apuntándose de inmediato. Unha sesión moi concorrida, que realizaban a súa visita pola súa conta, aínda que como sempre, moitos deles uníronse ao grupo que había reservada a sesión lúdica. Sen dúbida unha gran velada de afluencia de público onde os xogos e a cultura foron os protagonistas

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.