A edición sétima do Roteiro de Bicicletas Clásicas de Ponteceso, celebrada onte domingo día 11 do presente mes de setiembre, pola vila de Eduardo Pondal, pódese dicir que é a gran lombeirada e consolidación, que a xente de Galicia deunos á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) como organizadores deste magno evento.
Logramos bater a marca de asistentes, desde o inicio do primeiro roteiro realizado alá polo ano 2014, cunha participación de preto de 40 “tolos ciclistas” e 6 nenos e nenas entre os 5 eos 8 años de idade, que coas súas coidadosas e brillantes bicicletas clásicas e as súas vestimentas de época, pasearon pola vila pontecesá dando un colorido especial ao ambiente festivo. Como todos os anos o Roteiro está encaixada na programación xeral das Festas da Barquiña, incluídos dentro da Ponteclásico. A organización correu a cargo da Asociación de Eventos de Ponteceso, da Fundación e o MELGA, coa colaboración inestimable do concello de Ponteceso.
A procedencia dos ruteros pertencían na súa maioría á Provincia da Coruña (Pontedeume, Arteixo, Carballo, Vimianzo, Oleiros, A Coruña e Ferrol), de Castela-León (Ponferrada-O Bierzo) e como novidade este ano fixeron a súa presenza dúas parellas da provincia de Pontevedra (Vigo). Por fín, este ano contamos con participación do concello de Ponteceso, dous mozos pontecesáns como Salvador Andrade, fillo do campeonísimo de tirabalas Carlos Andrade policía local, cunha bicicleta do seu bisavó marca e de Aaron García que levaba “moi feliz” unha Derby Panter moi antiga recentemente adquirida.
A concentración do grupo levou a cabo no Centro Cultural ás 11,30 h. e cara ás 12,30 h. a comitiva acometeu o paseo fluvial, percorrendo A Trabe, o Malecón, a Barra e regresando polo mesmo lugar cara á praza do Recheo onde todas as bicis foron expostas á beira do río Anllóns. Como novidade deste ano, á beira da exposición de biciclásicas, todas elas cun número identificativo, colocouse unha urna, para así facilitar ás persoas que se atopaban na carpa da festa, puidesen observar con detemento as mesmas e así poder exercer co seu voto as tres bicis que mais gustásenlle.
Todo o grupo de biciclásicas, durante a sesión vermut, acompañados da música da Orquestra MEIGOS, degustou nun opíparo xantar a beiras do Anllóns, non faltando como anos anteriores a empanada, os exquisitos callos, os queiques, o queixo, o marmelo,etc. e todo iso bañados cos viños caseiros achegados por varios participantes. Nas sobremesas, unha vez escrutados todas as papeletas, que foron moitas, , fíxose entrega dos TRES trofeos as bicicletas clásicas mellor valoradas e presentados este ano como novedade da ruta. As máquinas vencedoras e merecedores de elos foron: primeramente para a “Bicicleta mellor restaurada” para a número 11, unha Orbea do ano 1950, fabricada en España e conducida polo carballés Carlos Riveiro; para a “Bicicleta mais orixinal”, co número 8, levoana un tamdem holandés de 1985 conducida polos oleirenses Noelia Mariñas e Julián Bokser eo último premio foi para a “Bicicleta máis antigaa”, unha Orbea Ciclos Eibar de Serafín Ures de Pazos (Ponteceso)), co número 13, que se encontra exposta no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e que a porta e conduce, en todos os roteiros da península Ibérica, polo noso director Ricardo Pérez y Verdes.
A todos os participantes fíxoselles entrega dunhas bolsas con diferentes recordos por parte do concello de Ponteceso, a Asociación de Eventos fixo entrega dunha camiseta de Ponteclásico, a Fundación e o MELGA achegaron un pin de madeira co logo dunha bicicleta antiga, así como o cartel anunciador da xornada e a cartela conmemorativa do VII Roteiro de Bicicletas clásicas para colocar en cada unha das bicicletas presentadas.
Consolídase e afiánzase esta actividade tan vistosa como cita anual en Ponteceso, pois xa se pensa na próxima edición, xa que se tentará subir o listón un pouquiño mais e conseguir o medio centenar de participantes. Seguro que se consegue, xa que este ano tivemos algunha baixa importante por problemas de actividade laboral que non puideron acompañarnos, senón estariamos a comunicar un novo record de asistentes. Desexamos que se consiga xa que o noso roteiro, ata o momento é a mais numerosa de todas as que se realizan en Galicia e oxalá que algún día podamos estar á altura da nosa veciña cidade portuguesa de Esposende que chegan a alcanzar os trescentos participantes, vindos de varios países europeos, entre eles España, Francia e Italia. Todo se andará e esperamos que pronto chegue, aínda que non nos podemos queixar, pois en case nove anos e sete roteiros ata a data, temos unha cota de participación moi importante.
Leave A Comment