Este fin de mes de abril (30/04/22) achegouse a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) o asturiano (Xixón), enxeñeiro de Camiños e Licenciado en Dereito Andrés Antonio Quintanilla e un afamado coleccionista de xoguetes antigos, cuxa especialidade son os trens en miniatura. A súa colección excede os cincocentos elementos, ademáis de contar con varias maquetas de gran tamaño en funcionamento. A súa impresionante colección iniciouse cando contaba con 5 anos de idade, como continuación á iniciada polo seu pai, despois de máis 60 anos adquirindo pezas especializadas na devandita paixón.
Foi recibido polo noso director Ricardo Pérez y Verdes, realizando unha visita guiada en toda a súa extensión polas salas do museo. Os dous interlocutores coñecéronse o pasado Nadal nunha tenda de xoguetes antigos na cidade de Xixón. Daquel intercambio persoal xurdiu a nosa amizade e Andrés comprometeuse a desprazarse prontamente ao noso museo e esta fin de semana o seu compromiso, con gran alegría, cumpriuse.
Finalizada case as dúas horas e media de visita, Ricardo Pérez y Verdes como agradecemento á súa amable visita, en nome da Fundación e o MELGA, obsequióuselle cunha bolsa con diferentes elementos identitarios das nosas institucións e por parte do concello de Ponteceso diversas guías turísticas, así como varios libros sobre Eduardo Pondal e non podía faltar o texto de Jaime Valdés Ponteceso. O nacemento dun pobo.
Con gran sorpresa, Andrés Alonso en reciprocidade e vendo que o noso museo carecía dalgún tren antigo, aínda que temos unha mínima representación, da súa colección doounos varios catálogos sobre trens, coches, motos, etc. de principios do século XX e varias locomotoras e vagóns de diversos países como: España, Canadá, EEUU, Alemaña, Australia, Francia, etc. e unha caixa de mantemento.
A xornada lúdica finalizou coa sinatura no Libro de Ouro do MELGA, dedicándonos unhas amables palabras: «Para o meu querido e admirado Ricardo, que siga co seu entusiasmo e dedicación extraordinaria para as sucesivas xeracións. Un forte Abrazo. Andrés Antonio».
Leave A Comment