Anúncianse as bases do Concurso de Fotografías sobre os Juegos e Deportes Tradicionáis en Murais de Azulexo

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), o Concello de Ponteceso e a Obra Social e Cultural de Suministros Lar de Cee, convocan as Bases do Concurso de fotografías sobre os “Xogos e Deportes Tradicionais nos Murais de Azulexo”.

As bases poderanse obter, así como realizar a inscrición, na Oficina de Turismo do Centro Cultural de Ponteceso, desde o día da Inauguración da Exposición, que será o sábado 17 de xullo ás 12,00 h. ata o 31 de xullo do presente ano-21 ata as 14,00 h.

O concurso é aberto e gratuíto e poderán presentarse todas aquelas persoas que o desexen, afeccionados ou profesionais e poderán presentar ao mesmo, dous (2) obras inéditas, en cartón pluma, cun tamaño máximo de A4, realizadas con calquera cámara existente na actualidade.

Concederanse premios aos participantes, ás tres mellores fotografías, a fotografía máis graciosa, a imaxe máis tenra e o mellor título relacionado coa obra. As máis votadas polo xurado da organización na súa valoración final, apoiaranse na súa orixinalidade, a súa creatividade, a composición da fotografía e o apego á temática do concurso.

Descarga as Bases do Concurso de Fotografía

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.