Museo MELGA

16
Feb

O CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños inicia a nova andadura de visitas guiadas ao Melga de Ponteceso

Unha vintena de alumnos e alumnas de 2º da ESO, do CPI. As Revoltas de Cabana de Bergantiños, con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, visitaron as instalacións do MELGA de Ponteceso, durante toda a mañá chuviosa do día de hoxe, venres 16 de febreiro, para levar a cabo unha visita guiada ao centro museístico. Estiveron acompañados

Read more

19
Jan

O CEIP A Cristina de Carballo inicia o ano 2018 as visitas guiadas, despois de 3 intentos

Un centenar de nenos/as de educación infantil do CEIP. A Cristina de Carballo, con idades comprendidas entre os 3 aos 5 anos, visitaron hoxe venres 19 de xaneiro por primeira vez o MELGA, despois de realizar dous intentos anteriores, unha no mes de novembro e outra no mes de decembro. A primeira suspendeuse por un brote de varicela no centro

Read more

9
Jan

Balance 2017: de novo, por cuarto ano consecutivo, ascenso de visitas ao Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) de Ponteceso

O 2017 supuxo unha nova fazaña para o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no concello de Ponteceso. Tras catro anos de asumir a Fundación Ricardo Pérez e Verdes a súa xestión, este museo na Costa da Morte, converteuse na segunda estrela do municipio como un recurso educativo e turístico, sen esquecer, a consideración que nos merece a “Estrela Michelin”

Read more

22
Dec

A Cruz Vermella de Vimianzo clausura as visitas guiadas do presente ano 2017

A Asociación da Cruz Vermella de Vimianzo (A Coruña), o xoves pasado día 21, finiquitou as visitas guiadas do exitoso ano 2017 ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. En xornada vespertina, preto dunha vintena de alumnos/ as e as súas profesoras do centro Esmeralda Gerpe, Noelia Villar, Tania Bartucca e Fátima García como coordinadora, pasaron unha xornada

Read more