Os avós coruñeses tamén se divirten coas buxainas

Todos os anos, un día como o de hoxe 11 de novembro, celébrase en toda Galicia varios acontecementos extraordinario e estacionais, como son os Magostos e a matanza do porco. Pero tamén no mundo lúdico conmemórase unha xornada moi especial, entrañable, universal e ancestral como é o xogo-xoguete da BUXAINA.

Todos os galegos neste día tan sinalado, sobre todo na sociedade rural, aínda que tamén na urbana, está na mente do mundo infantil, aquela frase tan coñecida que dicía: “Polo San Martiño peóns ou camiño”. Data moi memorable xa que todos os nenos e nenas galegas sacaban dos caixóns das mesillas as súas buxainas, buxainas, perinolas ou perindolas e sabían que estaba o inverno en portas e que xa non deixarían de bailar este artefacto giroscópico, día tras día, desde este mes de novembro ata o mes de xaneiro que se pechaba a época da danza máxica coa frase consecuente: “Polo San Antón buxainas ao caixón”.

Este ano 2024 o “Día do Peón” celebrouse o Acto Central do día do peón no municipio coruñés de Baio, (Zas), cos centros educativos de CEIP. Labarta Pose e o CEIP. de ZAS, con actividades paralelas (confección de buxainas, tuneados, xogos diversos, pinturas, esculturas etc.)/ etc.) e cun “Manifesto” realizado e lido polo seu propio autor, o mestre Stevo de Zas, cunha participación de máis de 600 nenos e nenas dos devanditos centros, acompañados polos seus profesores e profesoras, na praza Maior de Baio, cun tempo ideal para o desenvolvemento de todas as propostas efectuadas pola organizadora BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional), que co seu presidente á fronte José Manuel Barreiro, todos os asistentes, durante dúas horas que durou a sesión “peoncera” gozaron , gozaron, aprenderon, etc…. a xogar á buxaina.

Como non iamos ser menos, uns poucos “tolos avós jubilosos” da cidade da Coruña, concentráronse na praza de María Pita, ás 12,00 h. da mañá, capitaneados por Luis Ramas, coleccionista de buxainas, escritor e peoncero de prol e Ricardo Pérez e Verdes presidente da súa Fundación e director do MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) en Ponteceso, “learon” a algúns amigos para celebrar este día tan especial do “Día do Peón” nun marco tan incomparable como é o Concello da Coruña.

Parece ser que o poder de convocatoria non xurdiu moito efecto (parte negativa o ser un día de colexio, laboral, tempo etc.)/ etc.), xa que a reunión de amigos, foi de algo menos de vinte persoas. Tivemos sorte en canto a espectadores, pois casulamente no porto atopábase un barco de cruceiristas alemáns e tamén afeccionados vascos do Eibar, que viñan para presenciar o encontro co Deportivo, que asombrados na praza, observaban as habilidades que estes “veteranos” como bailaban este elemento tan sorprendente. Algúns dos alí presentes, atrevéronse e uniron a realizar algúns lanzamentos con diferente fortuna na execución. Os avezados lanzadores realizaron probas de habilidade, precisión, resistencia e velocidade.

O importante foi volver á nosa infancia cun xogo tan popular e tradicional, reunirnos e gozar como nenos/as!

Desde xa, emprazamos a toda a poboación coruñesa e foránea para o ano entrante para que nos deamos cita no mesmo lugar e á mesma hora, facendo extensible a varios centros escolares da zona para que tamén poidan desenvolver unha actividade verdadeiramente fascinante. Ata o San Mariño-25!

Non deixar de xogar!

Participantes bailan bixainas en María Pita no día da buxaina con ricardo pérez y verdes do museo melga

Participantes bailan bixainas en María Pita no día da buxaina con ricardo pérez y verdes do museo melga

Participantes bailan bixainas en María Pita no día da buxaina con ricardo pérez y verdes do museo melga

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.