O recentemente finiquitado ano 2021 supuxo, para o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado no Concello de Ponteceso, un punto e aparte, despois de seis anos consecutivos de ascenso continuado, marcando o pasado ano 2019 (antes da pandemia), un fito moi importante para o noso museo, ao alcanzar o teito de visitantes e actividades realizadas, destacando entre os máis importantes museos da Costa da Morte e da Comunidade Autónoma de Galicia.
O MELGA debido á continuidade pandémica (outro ano máis) que nos tocou vivir, podemos dicir que foi un ano non contabilizado a nivel estatístico coma o máis salientable destes pasados anos, senón nun ascenso progresivo, sen chegar aínda a cotas das que nós pretendiamos. Con estas circunstancias, podemos comentar que o 2021 tivo dúas etapas; a primeira etapa corresponde do 1 xaneiro ata o 30 de xuño e a segunda etapa que vai desde 1 xullo, ata final de ano, 31 de decembro.
O primeiro semestre do ano, pódese dicir, que foi normal (máis ou menos coma os anteriores), pois sabemos que o mes de xaneiro é caso inhábil, debido ao comezo de curso, despois das vacacións do Nadal, por tanto os grupos que nos visitaron foron 30 grupos dos cales 14 foron centros escolares (igual co anterior), 3 centros universitarios e outros 7 grupos de diferentes índole (con disfuncións, directores e profesores de centros, campus verán, urbanos, etc.). Durante este período o MELGA estivo clausurada polo COVID-19, durante 3 semanas. Aproximáronse preto de 1.500 visitantes, é dicir, un 50 % máis que o ano 2020. Como feitos salientables comentaremos que a Semana Santa foi intensa en visitas particulares ou libres e o colexio Andaina da Coruña trasladouse ao MELGA durante esta etapa / veces continuadas con grupos de deferentes ciclos educativos.
O segundo semestre, seguiron as visitas particulares ou libres despois do levantamento das medidas establecidas e volvéronse a retomar as visitas guiadas despois das semanas de confinamento. O fito máis destacado deste trimestre foi que o MELGA participou dende o principio da pandemia nunha Web de Xogos e Deportes Tradicionais para que todos os nenos e nenas de Galicia recibisen cada día un xogo en liña, e con iso poder divertirse cos seus irmáns/as ou pais, durante as moitas horas de enclaustrameento nos seus domicilios. A proposta foi un éxito en participación e difusión, acadando que varios países do mundo contactasen á mesma.
Sorprendentemente esta etapa foi unha das mellores que tivemos desde a nosa fundación do museo, xa que desde o primeiro de xullo, que se abriron as portas do mesmo, non pararon de visitarnos xentes de tódolos recunchos de Galicia e doutras comunidades, acadando o record de tódalas etapas estivais. Como novidade do horario de verán, as horas extendéronse ás fins de semana. Os derradeiros meses deste atípico ano de 2021 que foi do 15 de setembro ao 31 de decembro, a baixada de asistencias foi manifestamente palpable, como tódolos anos. O 27 de setembro cumpríronse 8 anos da nosa vida museística.
Resumindo, podemos dicir que sendo un ano tamén moi complicado pola consabida pandemia, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) atópase moi satisfeito da súa labor, aínda sabendo que tivemos un 30 % máis de visitantes co ano anterior. Estamos en moi boa liña para chegar, sen dúbida, á tan ansiada normalidade do ano 19. Foron 35 os grupos que nos visitaron, facendo un total dunhas 3.500 persoas as que dedicaron un pequeno espazo do seu tempo das súas vacacións á cultura lúdica, das cales somos responsables dalgún xeito.
Podemos informar que os eixos do noso traballo (alén do anteriormente falado) baseáronse esencialmente na restructuración, ordenación e mantemento do propio museo, difusión entre os medios de comunicación e, sobre todo, na adquisición de pezas en anticuarios da comunidade tanto española coma mundial, có único fin de engrandecer cada día máis o noso MELGA.
Os visitantes deste ano procedían dos seguintes lugares: De Galicia visitáronnos xentes de Boiro, Malpica, Camariñas, A Coruña, Carballo, Ferrol, Bergondo, Betanzos, Cambre, Santiago, Arteixo, Laracha, Oleiros, Cerceda, Vigo, Pontevedra, Culleredo, Tui, Brión, Narón, Mugardos, Cedeira, Pontedeume, Cabana de Bergantiños, Ribeira, A Pobra, Lugo, Ponte do Porto, Marín, Cee, Ourense, Coristanco, Foz, O Carballiño, Celanova, Guitiriz e Ponteceso; doutras comunidades de España batemos o récord xa que nos visitaron de tódalas capitais de comunidades, agás a de Murcia e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. De Madrid (Alcorcón, Parla, San Blas), Asturias (Xixón, Ribadesella, Avilés), Castela a Mancha (Guadalaxara), Cantabria (Laredo, Castro Urdiales), Cataluña (Ascó – Tarragona, Palamós – Xirona, Vich (Barcelona)) e Castela e León (Aranda de Duero). Neste ano pandémico non tivemos representación estranxeira.
Durante este ano recentemente finiquitado os medios de comunicación foron, sen dúbida, a base sólida da nosa recuperación xa que batemos o record de comunicación con 500 notas de prensa escrita, ademáis de programas de televisión (“Malicia Noticias”, “ Quen anda aí?: Federación Galega de Xogos Autóconos”, “Único – Adiviña Produccións”, “ Quén anda aí. Ou xogo dá Ra”. Entrevistas en: “ RadioVoz”, “Radio Galega”, “Radio Nordés-SER”, “COPE”, “Radio Coruña”…
Outras actividades levadas a cabo. Destacamos: Participación no I Forum Europeo de Xogos Tradicionais (online), IV Encontro RIMUSGO (online), Semana Mundial do Teatro en CEE co grupo Talía (presencial), Día das Letras Galegas (presencial), V Encontro RIMUSGO (online), Reunión Patrimonio Lúdico Galego en Muimenta – Lugo (presencial), Museo “Recuncho das Argalladas en Lourenza – Lugo (presencial); Museo do Xoguete galego en Lalín – Pontevedra (presencial), Festiletras do Couto – Ponteceso (presencial), Premios “ Rodela”, VII Encontro Internacional “Xogos de Taboleiro e enxeño” Aranda de Duero – Burgos (presencial) e finalmente a XX Asemblea Xeral e Extraordinaria de Xogos e Deportes Tradicionais en Svetvincenat – Croacia (presencial).
En referencia ás exposicións e concursos levadas a cabo destacamos os seguintes: “Os xogos dos pobos indíxenas de Brasil” (Madrid), “Exposició ao aire libre de Murais de Azulexos sobre Xogos e Deportes Tradicionais” (Ponteceso – A Coruña), exposición en TVG. “Sobre xogos tradicionais galegos e xogos de precisión” (Ordes – A Coruña), “Exposición Día Mundial do Teatro” (Cee-A Coruña), en Ponteceso (MELGA): “Concursos de Billarda”, “Festival de Tirabalas”, “Festipopeóns”; “Festiletras” do Couto – Ponteceso) e “Festival nas Torres do Allo” (Concello de Zas).
Adquirimos preto de medio centenar de obxectos, aínda que destacamos: un xogo de Xadrez hindú antigo en ébano e marfil, coches e trens en miniaturas, buxainas e perinolas francesas, xoguetes con paus e pedras, xoguetes de madeira; xoguetes e xogos croatas, xogos de taboleiro, reproducións romanas de xoguetes de terracota, reproducións de xoguetes gregos, unha ra infantil antiga vascofrancesa, moicreques de diversos países, etc. Queremos destacar neste balance anual do ano 2021, a todas aquelas persoas que co seu carácter altruísta e bondadoso doaron para a Fundación diversos obxectos persoais para expoñer nas nosas vitrinas do museo. Citamos: Biel Pubil (Tarragona) varios xoguetes confeccionados con cana, Ismael Alonso (Madrid), Armando Osorio (México) e Reyna Puc (México) dunha pelota de hule do xogo de Ulama e o traxe completo de competición, Rafael (FIS) Sánchez (Vigo – Pontevedra) de textos de educación física e deportes e material escolar variado (arcos e frechas, pas de pelota, fotografías deportivas antigas, etc.), Carlos Bermúdez (Ponteceso) balóns de coiro de aprendizaxe de deportes e textos varios, Sabela Vázquez (A Coruña) un papamoscas ou cabezudo de cartón peza, Alejandro Rodríguez (Ponteceso – A Coruña) un Quard 250 eléctrico, Emilio Ortega (Barcelona) textos antigos en varios idiomas sobre o mundo do xogo, educación física e deportes do seu editorial Paidotribo e Carlos da Villa (Aranda – Burgos) de varios xogos de taboleiro en cerámica viquingos, aztecas e incaicos. Grazas pola vosa inconmensurable achega ao noso MELGA.
Entre os visitantes ilustres ao noso centro museístico destacamos: Julián Miranda e a súa esposa de Xirona, José López (Tui – Pontevedra) e familia; Biel Pubil (Ascó – Tarragona) e esposa, Maya Álvarez de Sotomayor, Hernán Cortés e familia, Fernando Destro (Santander – Cantabria) e Carlos da Vila e esposa.
Reiteramos a nosa gratitude a todos aquelas persoas que nos acompañaron durante este restritivo ano 2021 e que seguen confiando en nós como meros EMBAIXADORES dun espazo tan importante para a nosa vida e sociedade actual como é a diversión, o entretemento e a SAÚDE tanto mental como física.
Agardámosvos en Ponteceso para que visitedes o MELGA! Ben seguro que paga a pena facelo. Esperanzador e saudable ano lúdico 2022!
Leave A Comment