Despois dunha intensa xornada matinal, visitando os lugares máis emblemáticos dos concellos de Ponteceso e de Camariñas, ao redor de medio centenar de membros da Asociación de prexubilados e xubilados do Banco Santander Central Hispano da provincia da Coruña, visitaron en sesión vespertina, durante máis de tres horas, un percorrido guiado teórico-práctico, polas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso.
Da man do director do recinto, todos os visitantes lembraron e volveron practicar aqueles xogos populares e tradicionais que infatigablemente na súa infancia desenvolvéranos. Non deixaron de xogar ás peonzas, ao embocabolas, ao prato, ao sapo, á estrela e… ata algunha canción de roda entoouse. Un grupo excepcionalmente moi participativo, xa que en persoas maiores é dificultoso implicalos, pero neste caso estiveron moi interesados en todo o que alí se comentaba, observábase e practicaba.
A satisfacción de visitar o MELGA foi de forma xeneralizada e comentada, que fora unha das mellores saídas, de tipo lúdico-cultural, que a Asociación programara e que sen dubidalo, sería a máis lembrada e pracenteira.
Con este grupo, damos por finalizado o primeiro trimestre do ano 2017, aínda sendo o mesmo todos os anos o máis frouxo, xa que temos o mes de xaneiro case inhábil (nadal) e o mes de febreiro (entroidos e “costa”), podemos estar moi satisfeitos, pois excedemos os mil (1.000) visitantes soamente contando as asistencias grupales.
Cremos que imos por bo camiño, outro ano máis, e, todo grazas ás persoas que están interesadas na temática do xogo e o deporte tradicional.
Leave A Comment