DINAMIZADOR. O Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), de Ponteceso, segue rompendo fronteiras grazas ao traballo incansable e a paixón que cada día mostra o seu promotor, fundador e director, Ricardo Pérez e Verdes. Acaba de recibir o convite dos organizadores do Festival Intercéltico de Lorient (Francia) para que os xogos e deportes tradicionais medievais que manteñen vivos o MELGA sexan protagonistas e convidados de honra, en representación de Galicia, na edición de 2020. Unha citación que é todo un recoñecemento internacional ao bo facer en prol da divulgación e da conservación da historia mundial dos xogos e dos deportes tradicionais, que teñen ao MELGA un espazo privilexiado e na pequena Ponteceso de Eduardo Pondal un escaparate aberto ao mundo enteiro
Esta recensión textual, arriba mencionada, corresponde ao xornal coruñés de “O Correo Galego” de Santiago de Compostela, na súa sección CADRO DE HONRA, do xoves día 22 de agosto de 2019, na cal por CUARTA VEZ concédesenos a honra de subir o máis alto do pódium (9/10/2014; 26/04/2016; 11/01/19) no case seis anos da nosa existencia museística, deste ilustre e destacado xornal galego.
Leave A Comment