O vindeiro martes día 18 de setiembre do presente ano 2018, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), estará en xornada vespertina, na praza do Concello de Carballo de Bergantiños (A Coruña), desde as 17,30 h. ás 21,00 h., levando a todos os nenos e nenas carballeses, adultos e persoas maiores interesadas da área de influencia, o I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, para gozar e coñecemento do noso Patrimonio Lúdico Inmaterial de Galicia.
A organización do evento estará a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e do MELGA, o seu patrocinio correrá a cargo do concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Comisión Europea e será tutelado pola concellería de Planificación e Desenvolvimiento Urbano, rexida pola tenente de alcalde Milagres Lantes Seara.
Para o MELGA e a Fundación é unha verdadeira honra en participar neste evento, xa que é a primeira vez que somos convidados a ser partícipes da Semana Europea da Mobilidade ( SEM), un magno acontecemento de gran prestixio, que por terceiro ano consecutivo o concello de Carballo vén en deseñar dunha maneira exemplar, ofertando diferentes actividades lúdico-culturais, durante o período do 16 ao 22 de setiembre de cada ano, esta iniciativa europea. O lema da actividade este ano é: “Combina e Móvete”
É o noso desexo que os colexios locais convidados e non convidados, enchan a praza do concello para entreterse, divertirse e que practiquen en profundidade todos os xogos expostos, aínda que a maioría deles, foron practicados en varias ocasións no MELGA. Como nota destacada podemos comentar e estar orgullosos de que o concello de Carballo e os seus centros educativos, son ata estes momentos, o número un no ránking nacional dentro das numerosas visitas guiadas que realizaron ao recinto do Centro Cultural, onde está situado o MELGA de Ponteceso.
Leave A Comment