O CEIP Alfredo Brañas da Laracha visítanos por primeira vez

O pasado venres día 17, tivemos a oportunidade de recibir a medio centenar de nenos e nenas de entre 3 e os 5 anos de idade, de 1º, 2º e 3º de educación infantil da veciña localidade de Paiosaco-Lestón, A Laracha (A Coruña).

Tratábase do centro docente de primaria e infantil do CEIP Alfredo Brañas, que asistían por primeira vez ao noso museo, tanto profesoras como alumnos/as. Todos eles viñan acompañados das súas profesoras-titoras Aloia Picón, Xarxa Varela, María del Pilar Marcote e Marta Montes que exercía de coordinadora e organizadora da actividade lúdica.

Ao ser un grupo numeroso con idades pequenas, a sesión guiada tivo unha duración de aproximadamente dúas horas e cuarto, aínda que ao final, tanto discentes como docentes pareceulles corta a mesma. O grupo, coas limitacións que todos sabemos nestas idades sobre a atención nunha actividade, foi excepcional en organización e disciplina, observando con moito interese os vídeos proxectados sobre o cómic, o himno do MELGA, as explicacións do guía e por suposto: xogo, xogo e xogo.

Non lograron realizar ningunha marca destacada, nin houbo campión da sesión, aínda que sen dúbida todos se merecían levar o premio polos seus “coñecementos e entusiasmo”. Unha xornada, comentaban, moi divertida e especial para todos eles, neste inicio de novo ano-25 e trimestre.

Alumnos do CEIP Alfredo Brañas xogan no Museo MELGA

Alumnos e profes do CEIP Alfredo Brañas xogan no Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.