Con esta visita realizada no día de onte martes 09 de abril, o municipio de Carballo co CEIP. Bergantiños, iguala a marca do concello de Oleiros, con seis visitas guiadas ao MELGA. Aínda que Carballo ten a honra de ser o municipio que máis centros docentes asistiron ás visitas guiadas, pois o concello de Oleiros son grupos de adultos.
Os docentes carballeses, viñeron acompañado polas súas titoras-profesoras Ana Borrazás, Ivana Rodrriguez, Adriana Cousillas e Noelia Borrazás como organizadora da actividade. En total foron mais de oitenta nenos e nenas de 2º de ensino primario, cuxa idade correspondía aos 7 anos.
Na devandita xornada matinal, todos os compoñentes do grupo gozaron de case tres horas de percorrido polas salas do museo, guiados polo director do centro museístico. Tanto alumnos como profesoras realizaron diversos xogos tradicionais españois, doutros países e por descontado dos nosos xogos galegos, moitos para eles descoñecidos. Despois de rematada a visita fíxoselle entrega á alumna Telma García de 7 anos, que foi a campioa final de preguntas positivas resoltas durante as explicacións da sesión teórico-práctica, duns agasallos de xogos tradicionais universais, para que comece a súa pequena colección particular.
Aínda sendo un grupo numeroso, debemos destacar que todos os alumnos/ as e por suposto as súas profesoras, permaneceron durante todas as horas de visita, cun gran ambiente, comportamento, participación e máximo interese por coñecer a nosa cultura patrimonial lúdica.
Leave A Comment