Coa terceira xornada de onte o CEIP Cabo da Area, todo o centro escolar, visitou o Melga este ano

O centro docente laxense do CEIP. Cabo de Area, onte mércores día 07 do presente mes de decembro, completou o seu triada de visitas guiadas, por este ano, ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado na vila de Ponteceso. Con iso, esta terceira xornada, todos os alumnos e alumnas do centro escolar pasaron unha xornada matinal no museo. Foron en total uns 300 discentes, que desde o ensino infantil, pasando por primaria e por secundaria (ESO) entre os 3 e os 15 anos, gozaron dunha sesión teórico-práctica sobre o mundo lúdico.

 

Nesta xornada preto de 80 alumnos/as de 1º a 4º de secundaria (12 a 15 anos), con case tres horas de visita polas dúas salas do museo e o campo exterior de xogos do Centro Cultural do municipio, desenvolveron todas as actividades programadas, aínda que como sempre resultaron, segundo os seus protagonistas, pouco tempo para profundar no desenvolvemento da sesión como eles desexaban. Os compoñentes dos catro grupos viñan acompañados dos seus profesores titores Alfredo Carballo, Diego Saído, Gonzalo Suárez, Ana Porteiro, Sergio Pereira (responsable do grupo) e Antón Varela membro da xunta directiva do centro, casualmente exalumno do noso director na Facultade de Ciencias de Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.

Coa terceira xornada de onte o CEIP Cabo da Area, todo o centro escolar, visitou o Melga este ano

A sesión transcorreu dunha maneira extraordinaria, tanto no exterior como no interior das instalacións museísticas, coa participación completa dos seus compoñentes, polo seu interese máximo en todo o que alí se pretendía que aprendesen sobre o Patrimonio Lüdico de Galicia e do mundo e finalmente cunha práctica, aínda que o que se pretende sempre sexa amplamente recreativa, pero neste caso, resultou ser moi, moi competitiva. Como noutras ocasións Manuela Vázquez e Ricardo Pérez, levaron o peso global de todas as intervencións teórico-práxico da xornada.

 

A visita guiada rematou coa entrega dos premios, aos alumnos e alumnas que resultaron de contestar positivamente ás preguntas efectuadas polo guía e que resultaron ser os seguintes vencedores: para o grupo de 1º e 2º curso os agasallos foron para Elías López e para 3º e 4º os galardóns foron para Bruno Varela e Darío Mira, que chegaron á final cun empate técnico.

Coa terceira xornada de onte o CEIP Cabo da Area, todo o centro escolar, visitou o Melga este ano

Hai que resaltar, que tanto por parte da profesora como do guía-director, o comentario xeral foi que fora un dos mellores grupos que pasaran polo noso MELGA. Parabén e Felicidades!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.