Coordinados e dirixidos por Miguel Barreiro, técnico de Cultura e Deportes e acompañado pola traballadora social Marisol Montes e os monitores/as Adrian Pérez, Cristina Fraga, Sergio Ferreiro e Marta Trigo, onte venres pola tarde, desprazáronse ao MELGA de Ponteceso para realizar a súa primeira visita ao museo, con medio centenar de membros do concello da Laracha (A Coruña) . A actividade planificouse desde o departamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) como excursión dentro da primeira quenda do campamento urbano estival. Do mesmo xeito que o grupo Valle-Inclán recibidos pola mañá, a sesión foi inmensamente curta, pois só dío tempo a realizar a visita guiada soamente da primeira sala, a do xogo e deporte tradicional de Galicia, de España e do mundo. Debida a este motivo o funcionario do concello prometeu que, sen dubidalo, buscarían un oco para realizar de novo outra visita co mesmo grupo, para finiquitar a xornada completa. Tanto monitores/as, técnicos acompañantes e campistas, encomiaron a saída ao MELGA como unha gran actividade excelente para todos. Na despedida algúns dos nenos/as agradeceron ao director do museo, a magnífica tarde que lle ofreciamos e que falarían cos seus pais para volver de novo con eles, xa que os seus proxenitores descoñecían por completo o recinto museístico e que tamén o divulgarían aos seus amigos e familiares.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment