Consolídanse as visitas ao MELGA, outro ano máis, no Día das Letras Galegas

Esta fin de semana foron tres os días deste mes de maio-24, que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), desde a finalización da pandemia, que acordou a través do seu Padroado da Fundación RPyV, que o noso museo ampliase o horario con visitas libres e guiadas, para todos os visitantes locais, rexionais, nacionais e internacionais.

Coincidindo co día festivo na Comunidade Autónoma de Galicia, por ser o Día das Letras Galegas (venres 17), ao día seguinte o Día Internacional dos Museos (sábado 18) e o domingo 19, aberto en xornada matinal, que mellor ocasión nunha “ponte”, aínda que chuvioso, pero excepcional para coñecer e gozar dunha actividade diferente como é o museo do xogo e o deporte situado na vila de Ponteceso.

A asistencia de visitantes durante os tres días, foi inmellorable, alcanzando máis de centenar e medio de persoas que nos acompañaron, para gozar dunha longa fin de semana en familia. O día con máis afluencia de público foi o sábado con motivo de portas abertas no Día dos Museos. Os lugares de procedencia dos visitantes, pertencían sobre todo da nosa comunidade galega, sendo as localidades de Carballo e A Coruña as que levaron “o gato á auga” na súa concorrencia. Doutras provincias galegas, en primeiro lugar correspóndelle á cidade de Pontevedra, a continuación Vigo e Sansenxo. Tamén se aproximaron para coñecernos, familias de Paderne (Betanzos), Buño, Arteixo, Laracha, Cee e Ponteceso. En canto a outras comunidades españolas tivemos a presenza de tres grupos de Segovia, dous grupos de Asturias e un grupo de Castela e León.

Queremos destacar nestas xornadas pasadas, que a estampa de onte no MELGA, temos a sensación de que as familias (pequenos e maiores), responderon en masa á nosa chamada, ao igual esperamos, en todos os museos esparexidos por toda a Costa de morte, cultivando un gran éxito a convocatoria como nos últimos anos pasados.

Estamos seguros que os máis pequenos e os adultos, tiveron moitas oportunidades para divertirse lonxe das pantallas, observando, xogando e descubrindo os segredos que esconden os xogos ancestrais do noso patrimonio lúdico, cultural e inmaterial, así como os xogos e diversións do mundo.

Aínda que este ano estamos no X Aniversario da nosa creación como museo, estas xornadas recentemente finiquitadas, non realizamos ningunha actividade adicional por motivos de organización, falta de tempo dispoñible, infraestruturas, etc…pero estamos seguros e desde este instante comprometémonos, que o ano entrante 2025, será unha realidade efectiva con diversas accións orixinais e atractivas para todos os “Amigos do MELGA”.

Niños jugando en el museo melga el día das letras galegas 2024

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.