Despois de cuatro anos de inaugurado o Melga Ponteceso ¡Por fín! Visístanos por primeira vez un centro docente de Corme-Ponteceso

Parece mentira pero é a pura realidade. Despois de cumprir o cuarto aniversario (2013-2017) da inauguración do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), Satisfacción máxima! visítanos por primeira vez na nosa curta vida do centro museístico, un grupo escolar do concello de Ponteceso. Os visitantes correspondían ao CEIP. As Forcadas de Corme-Porto, que nun número superior aos cincuenta alumnos/ as e sete profesores/as, gozaron dunha curta mañá de recreación, entretemento, xogo, historia e patrimonio lúdico galego. O grupo, que era moi heteroxéneo, xa que a franxa de idade dos participantes ían desde os 3 aos 11 anos, estivo en todo momento acompañado polos seus titores/as María Lourdes Barca, Lorena Cotelo, Águeda María Ferreiro, Carmen J. Figueroa, María Cristina Lastra, Jesús Figueroa e Manuel Nicolás Caridade como director do centro docente, que tiveron a oportunidade, do mesmo xeito que os seus alumnos/ as, de coñecer os nosos xogos e deportes tradicionais galegos mais representativos e realizar diferentes prácticas lúdicas propostas polo guía do museo pontecesán. Día de festa no centro cormelán, pois a dirección decidiu pechar as súas portas, para asistir ao MELGA, nunha visita cultural e diferente ás realizadas noutras ocasións, nas súas diversas actividades e saídas anuais.

 

Asombroso e por descontado perplexo sentimos, porque tendo un museo no noso concello, hai que dicilo sen pudor e complexos, soamente visitáronnos escolares de Ponteceso (IES.: 1 vez; CEIP.Eduardo Pondal (2 veces) e co de hoxe, catro veces nos últimos anos pasados, observando que moitos centros das provincias galegas, pasaron polo MELGA, ata dez e quince veces polo mesmo con diferentes ciclos, alcanzando ata o momento máis de 20.000 visitantes. Tristemente podemos dicir que os alumnos/ as de Ponteceso, non superan os 150 alumnos/ as que coñecen o museo ou saben que existe un museo que se coñece co nome de MELGA. Como se adoita dicir: Que pouco se valora o que ten un na súa propia casa! Sinceramente unha gran pena que esperamos revértase nunha avalancha participativa en futuras ocasións.

 

Soamente os visitantes, puideron coñecer a primeira sala, a que correspondía aos xogos e deportes tradicionais, pois o curto tempo dispoñible para a visita programada, non deu tempo material de coñecer a segunda sala e as exposicións sobre o mundo das peonzas, trompos, perinolas e perindolas e que o vindeiro luns día 4 de decembro, clausurarase ata o ano que vén. Debido a esta circunstancia tanto profesores/ as e alumnos/ as comprometéronse a partir desta data, polo ben que o pasaran, en regresar con moita mais frecuencia ao MELGA de todos nós. Nunca é tarde lla dicha e boa¡ Benvidos sexan!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.