Preto de medio centenar de alumnos/as do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños (A Coruña), achegáronse por primeira vez este ano 2022, esta ocasión sería a súa cuarta participación, dende a inauguración do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso.
O grupo numeroso, compoñíano nenos e nenas de 5 º. de primaria de ensino Infantil, cuxas idades eran de 10 anos. Foron acompañados para a visita polos profesores titores Ana García e José Ramón Lema, quen coordinaba e representaba ao centro docente.
Despois de máis de tres horas de percorrido polas salas do museo, escoitando as explicacións do noso director, segundo os compoñentes do grupo, «pasouse o tempo moi rapidamente», como complemento á visita realizaron unha práctica de xogos e deportes tradicionais nas dúas salas do propio museo.
Por fin! Nesta ocasión, xa que a anterior vez por falta de tempo non se puido completar o roteiro museístico en toda a súa dimensión, xa que a segunda sala non se puido realizar ao completo por falta de tempo. Aínda sendo o grupo amplo, todos os compoñentes puxeron moito interese e aplicación en todo o programado. A campioa da visita foi para Xiana Alborja de 10 anos que levou os premios concedido pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes. Moitos dos presentes prometeron que prontamente repetirán a xornada pero acompañados dos seus pais e amigos.
A expedición tiña pensado realizar o xantar na praia de Balarés, pero debido ás inclemencias do tempo, as instalacións do Centro Cultural de Ponteceso exerceron como lugar de reposición de forzas. Outra sesión lúdica de primeira orde. Un grupo excelente.
Leave A Comment