Esta fin de semana, o presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), trasladouse a Lisboa para representar coa súa presenza a Galicia no Congreso Internacional Europeo que levou por título os “Espazos Lúdicos: unha realidade internacional”.
O magno acontecemento, con máis de 300 participantes e relatores europeos de primeiro nivel, desbordou á organización, excedendo en moito as expectativas sobre a convocatoria que se propuxeron. Tamén hai que comentar que a maioría dos asistentes ao symposium, era da rama feminina (95%) mentres na rama masculina soamente un número moi reducido (5%) de asistentes. A organización do evento foi levada a cabo polo Instituto de Apoio à Criança ( IAC) de Portugal, así como pola dirección do Consello Europeo de Ludotecas.
O marco do congreso, dedicado neste caso na súa segunda edición, á educadora e pedagoga Natalia Pais impulsora, defensora e promoción dos dereitos da infancia así como a fundadora do Instituto de Apoio á infancia ( IAC), foi nas marabillosas instalacións da Fundación Museo Calouste Gulbenkian, sen dúbida o mellor museo de todo Portugal.
Os relatores internacionais, que eran portavoces de institucións públicas e universidades pertencían a Suíza, Grecia, Holanda, Dinamarca, Francia, Italia, Luxemburgo, Bélxica, Escocia, Romanía e Portugal. España estivo representada polo Cabildo das Illas Canarias (Tenerife) e Galicia polo MELGA (Ponteceso). Os museos que presentaron as súas experiencias museísticas de Portugal foron os de Viana do Castelo, Sintra, Cascais, Seia, Aveiro e Ponche de Lima. Todo o congreso versou sobre o impacto do traballo internacional nos espazos lúdicos, nos espazos lúdicos en Europa, Experiencias actuais, as estratexias nacionais do xogo e como paradigma o de Escocia, primeiro impulsor destes espazos, voluntariado e valoración profesional, establecemento de novos contactos entre países, intercambios de experiencias, locais de traballo e finalmente sobre os desafíos propostos para o futuro. Sen dúbida, unha proposta que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA desexan, nun pronto futuro, coa axuda e estreita colaboración co concello de Ponteceso, podamos contar cun espazo lúdico para todas as xentes pontecesanas.
Desexamos destacar, que sentimos altamente agradecidos a todo o Comité de Organización do evento, que nos dedicaron en todo momento a súa permanente atención, para que sentísemos como na nosa propia casa.
Na inauguración do congreso, o presidente da fundación, Ricardo Pérez e Verdes, fixo entrega a algúns dos relatores duns “ Pins” institucionais do museo, como tamén as informacións publicitarias da nosa entidade e folletos turísticos do concello de Ponteceso. Só desexamos que este inicio de contacto realizado nesta fin de semana, sexa un prometedor activo lúdico para os nosos concidadáns e posiblemente o único en Galicia.
Leave A Comment