Onte mércores día 22 de novembro, por segunda vez, nos catro anos de historia do MELGA de Ponteceso, o CPI. Alcalde Xosé Pichel da Traba-Coristanco (A Coruña) visitounos onte con cincuenta alumnos e alumnas de 5º e 6º de ensino infantil (10 e 11 anos),acompañados das profesoras titoras Ana Palleiro e Ana Nogueira e como xefa da expedición Teresa Dosil. Durante case tres horas de visita guiada, todos os visitantes (alumnos/ as e profesoras) gozaron dunha trintena de xogos e deportes tradicionais nas salas expositivas interiores do museo. Debido ás inclemencias do tempo e seguindo a normativa de prohibición cautelar da Xunta de Galicia de que non se realizasen actividades no exterior polo temporal, non se puido realizar ningún xogo de exterior, nin visitar a Casa de Pondal, a ruta pondaliana, o Monte Branco e tomar o picnic de mediodía no piñeiral de Balarés, a visita tivo que recluírse na biblioteca do Centro Cultural, coa autorización do concello de Ponteceso, cuestión que os visitantes agradeceron enormemente.
Como actividade supletoria, congregouse a todo o grupo na sala de exposicións do centro cultural, para dar a coñecer as exposicións do “Mundo vira e xira”, “ Un xogo milenario nas Belas Artes” e “Colección de peonzas de todo o mundo” (máis de 200 pezas) dos coleccionistas privados Ángeles Lence (Arteixo), Charo Español (Santiago de Compostela) e Ricardo Pérez e Verdes (Ponteceso). O director expuxo e presentou os modelos máis orixinais de peonzas, trompos, perinolas e perindolas, así como, expuxo e puxo en práctica as diferentes formas de bailalas. Un gran éxito, tanto a nivel escolar como particular, a que está a ter dita actividade, como anos anteriores, obtendo unha gran participación da cidadanía. Como se sabe, o día 30 deste mes de novembro, se non se amplía, darase por clausurada dita actividade, ata a nova edición do ano que vén.
Leave A Comment