As profesoras-titoras Lucía Iglesias, Nieves Rodríguez e Paula Pico organizadora da visita, visitáronnos o venres pasado día 14 do presente mes de xuño, cun grupo que excedían os sesenta alumnos e alumnas de 4º de primaria (9-10 anos) para efectuar unha visita guiada ao MELGA de Ponteceso co CEIP. O Coto da veciña localidade de Negreira (A Coruña). A xornada foi programada para a mañá e tivo preto de dúas horas de duración.
Os compoñentes do grupo, despois de dos anos de ausencia ao museo, participaron intensivamente nos xogos planificados así como as explicacións e preguntas formuladas polo guía. O premio final da visita, foi para Mauro Torreiro de 10 anos de idade, que consistiu como sempre nunha pequena colección de buxainas, peonzas, perinolas e perindolas, para que con elas forme a súa primeira colección. Aínda que a visita guiada resultoulles curta a todos, pois a segunda sala, apenas puideron desenvolver a práctica dos xogos, como eles desexábano. É destacable a magnífica participación tamén das profesoras que non deixaron de “enredar” como nos seus mellores tempos de infancia.
Leave A Comment