Despois de nove anos, o Melga recibe por primeira vez a un grupo político

O domingo día 09 de outubro do presente ano, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, recibiu a un grupo de mozos da Asociación Xuvenil Galicia Nova, organización do partido político do Bloque Nacionalista Gallego (BNG) da nosa terra galaica.

O número de visitantes que recibimos, achegábase á corentena de persoas e viñan acompañados de Alberte García do departamento de organización e David Neira coordinador da actividade. Os compoñentes do grupo procedían das catro provincias de Galicia e as súas idades estaban comprendidos na pinza dos 20 a 30 anos aproximadamente. A excepción do organizador da xornada museística (visitáranos no 2017), todos os demais membros, era a súa primeira vez en visitarnos e ao mesmo tempo a súa primeira vez en coñecer a nosa vila de Ponteceso.

A sesión iniciouse ás 11,00 h. da mañá e rematou máis aló das 14,30 h. aproximadamente. Tres horas e media de percorrido polas dúas salas de exposición (guiadas como sempre polo noso director Ricardo Pérez e Verdes) e aínda desexaban ter máis tempo dispoñible, para gozar dun recinto que lles parecía asombroso. Un grupo inmensamente interesado no noso patrimonio lúdico e na práctica dos xogos e deportes tradicionais de Galicia. Para moitos deles, algúns dos xogos presentados lembrábanos, pero a maioría dos mesmos descoñecíanos por completo.

Segundo comentaban a canteira de futuros “políticos”, causáralles tan grata sorpresa o descubrimento, que algúns estaban dispostos a repetir de novo a sesión prontamente cos seus amigos e familiares. Finiquitada a sesión lúdica-cultural, antes de partir para os seus lugares de residencia, a maioría dos mesmos en agradecemento, asinaron no “Libro de Visitas” do MELGA, dedicándonos unhas palabras, coas impresións obtidas da visita guiada e coñecementos que adquiriran.  “Un bo momento para sempre”. “As criancas que levamos dentro agradecen o teu legado e entusiasmo que trasmites. E hasta unha poesía:

“O xogo é cousa de pequenos/ de erdanzas ontudas/de pensamento valeiro/Din os adultos que son grandes/ din deles os pequenos/ Berremos sen medo/ somos, fomos, seremos/ sempre nenos”. Galiza Nova. 09outubro 22.”

Quizais, un dos grupos máis entusiastas que pasaron polo noso museo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.