Esta mañá, xoves día 10 de novembro-22, achegáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un grupo de 25 alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria (6 e 7 anos) do CEIP. Milladoiro da veciña localidade de Malpica de Bergantiños, para realizar unha visita guiada ao museo, cunha duración aproximada de dúas horas e media e acompañados das súas dúas profesoras/titoras Susana Álvarez (coordinadora e secretaria do centro), Tatiana Villar e María Moscoso, mestra de educación infantil en prácticas.
A primeira vez que nos visitou o centro docente foi alá polo ano 2017, é dicir, 6 anos en total de ausencia, contando cos dous anos de pandemia, pero hoxe de novo recalaron nas nosas instalacións museísticas.
A xornada teórico-práctica con este grupo podemos comentar que foi excelente polo seu interese, atención e participación práctica. As dúas horas e media pasáronlles “voando” segundo comentaban, tanto profesoras como alumnos/as. Aínda que o tentaron non bateron ningunha marca nos concursos realizados. Ademais nesta ocasión os participantes presenciaron, coas explicacións do noso director e guía, a exposición exterior dos murais de azulexo, que tanto lles impresionou, de xogos tradicionais.
O vencedor da xornada foi para o neno Noel Carracedo de 7 anos de idade, que obtivo as respostas adecuadas ás cuestións expostas durante o percorrido por Ricardo Pérez e Verdes. Segundo comentarios da secretaria e representante do grupo, xa están a preparar outra nova visita con outro grupo do ciclo de primaria, pois fora unha sesión francamente entretida e moi didáctica.
Leave A Comment