Sobre as 16,00 h. da tarde de onte sábado día 24 de marzo, baixo a coordinación do xefe de expedición Luís Touriño, o MELGA recibiu a unha trintena de senderistas do Camiño dos Faros, no día da pre-etapa, que como de costume, celebran os “ Trasquis ou Trasnos” a etapa do desde Ponteceso ao Couto, con propostas de actividades lúdicas, culturais e gastronómicas.
Despois de tres anos sen visitarnos, nesta ocasión, o grupo era moi heteroxéneo, xa que o constituían nenos/ as desde os 4 anos aos 14 anos, novos, adultos e persoas maiores ata os 70 anos. A visita fue, como siempre, guiada polo director do MELGA e tivo unha duración aproximada de dúas horas e media. A sesión lúdica-cultural tivo que ser interrompida xa que a sesión que tiñan programada, constaba de visitar tamén a Fundación Eduardo Pondal para participar nun taller de “ regueifa”, concerto musical a cargo de Traskiband e como non, a reposición das forzas, cunha “opípara” variedade de viandas locais.
No que respecta á visita guiada ao museo, podemos comentar que foi do agrado de todos, así como a sorpresa que levaron, sobre todo as persoas maiores, de que Ponteceso contase cun museo tan orixinal e distinto a todos os existentes e visitados, e lembraron con inmenso pracer, aqueles xogos da súa nenez que alí se expoñían, ensinando a súa historia, as súas anécdotas, a súa práctica, etc. así como doutras épocas e do mundo.
Os senderistas procedían de toda Galicia, aínda que a maioría correspondían á provincia coruñesa. O compoñentes da expedición das provincias lucenses, pontevedresa e ourensá, participáronlle ao director do MELGA que desde ese momento serían os mellores embaixadores da difusión do noso museo, pois moitos deles eran profesores e mestres de profesión, para que puidesen visitarnos e “saborear” este espectacular acontecemento, xa que sen dúbida non se ían a decepcionar e que o ano que ven voltarían outra vez de novo. Por suposto, merecen o noso maior dos agradecementos, polo seu apoio e colaboración.
Leave A Comment